O alcalde cervense fai un chamamento para que o executivo estatal recapacite e dea marcha atrás a ese artigo da Lei de Mobilidade Sostible que considera a posibilidade de suprimir aqueles servizos públicos que non resulten rendibles “o que vai en contra do rural e de frear o despoboamento das zonas máis alonxadas das grandes cidades”
Cervo, 20 de xullo, 2022. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou a súa preocupación ante a actitude que está a tomar o Goberno central con respecto á liña ferroviaria de ancho métrico da Mariña “que ano tras ano se vai devaluando sen que tome medidas para evitalo”.
Polo contrario -engadiu Villares- “os representantes de CCOO nos amosaron a súa precupación porque o que se contempla é o instrumento legal para a posible eliminación definitiva do servizo, tal e como se recolle na disposición transitoria terceira da Lei de Mobilidade Sostible”; que considera a posibilidade de suprimir aqueles servizos públicos que non resulten rendibles.
Resulta contraditorio -apunta- “que se fale de apostar polo rural e de frear a despoboación das aldeas; cando se está plantexando a supresión de servizos fundamentais para a vertebración de zonas como a nosa”.
O asunto foi abordado nunha reunión á que CCOO convocou aos diferentes mandatarios da Comarca, na que deron conta do abandono ao que o Goberno do Estado ten sometida a Comarca. Villares recorda que desde que se fundou a Plataforma en Defensa do Ferrocarril aló polo 2017 non houbo ano no que non se perderan servizos, “quendando, polo tanto, todas as reivindicacións feitas por esta plataforma gardadas no caixón do Goberno central”.
O que queremos e esperamos -engadiu Villares-, e que o Goberno recapacite e suprima ese artigo que vai directamente contra A Mariña, e que o futuro do servizo do ferrocarril na comarca tome outro camiño completamente oposto; o da remodelación e a modernización como medio vertebrador da nosa Comarca, das nosas vilas”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



