Teatro Ghazafelhos puxo en escena a obra “Caixa sen Pandora”, eglobada ademais dentro do Programa das Festas Patronais San Bartolo 2022. A caixa sen Pandora é unha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho que propón metafóricamente que pasaría se Pandora non abrira a caixa. Entendendo que abrir a caixa é a loita das mulleres pola igualdade.
![A Concellería de Cultura de Xove organizou este xoves na Praza anexa á Biblioteca Municipal, a segunda actuación dentro do Programa Ler conta moito, patrocinado pola Consellería de Cultura e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2022/08/TEATRO-GHAZAFELHOS-EN-XOVE-3-1024x683.jpg)