A cita será o vindeiro martes 23 de agosto de 11 a 13 horas
A Mariña 19 de xullo de 2022. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anuncia que o vindeiro martes 23 de agosto desplazaranse ata o mercado de Foz para a recollida de sinaturas que formarán parte dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida por SOS Sanidade Pública, plataforma da que forma parte.
Desde o colectivo anunciaron que esta campaña desenvolverase ao longo e ancho da comarca, tendo presenza en todos os concellos e acudindo aos eventos, mercados e actos máis importantes, sendo o mercado de Foz o primeiro deles, en horario de 11 a 13 horas
A ILP pretende a implantación de medidas para a recuperar a Atención Primaria como parte esencial do sistema sanitario público galego.
O texto da iniciativa lexislativa popular incide en medidas tan importantes como mellorar a estrutura e funcionamento dos centros de saúde, urxencias extrahospitalarias e servizo de ambulancias, garantir a presencialidade e calidade na atención,dotar de autonomía de xestión á Atención Primaria, garantir e fomentar a participación cidadá , rematar coas listas de agarda en primaria ou proporcionar unha atención sanitaria en igualdade eliminando a fenda de xénero na atención sanitaria, entre outras.
Desde o colectivo sanitario animamos a todas as veciñas e veciños a que se acheguen á mesa para apoiar coa súa sinatura unha iniciativa que salve do abismo á Atención Primaria.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



