Efrén Castro encadrou “o apoio a esta competición no compromiso da Vicepresidencia co tecido deportivo” e animou aos clubs “a aproveitar a referencia de equipos do máximo nivel como o Burela FS para reforzar a afección e práctica deste deporte”
Lugo, 22 de agosto de 2022. O deputado de Deportes Efrén Castro presentou esta tarde no Pazo de San Marcos a III Copa Deputación de Fútbol Sala, que comezará o vindeiro 4 de setembro e na que participarán 35 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina.
A competición retómase despois de dúas temporadas co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que incentiva a participación dos equipos con premios en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 220 e 340 euros), ademais de premiar aos equipos campións e subcampións de cada categoría (entre 400 e 750 euros)
O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “co patrocinio desta competición reforzamos o apoio aos clubs de fútbol sala da provincia que, ademais de beneficiarse economicamente da participación, teñen a oportunidade de comezar a competir e traballar na posta a punto de cara a temporada” e sinalou “o alto nivel do fútbol sala na provincia, con equipos de referencia internacional como o Burela FS, deber ser un incentivo para reforzar a afección e a práctica deste deporte”.
No acto de presentación, no que participou o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Carlos Méndez e o responsable de fútbol sala de Lugo na Federación Galega de Fútbol Iván Pico, explicouse a representantes dos clubs inscritos o sistema de competición e realizou o sorteo para definir os emparellamentos nas distintas categorías.
3ª División Nacional Masculina e Preferente Masculina
Equipos participantes (13)
SD Xove FS, Concello de Begonte FS, Praias de Barreiros CD, O Korreo Gutiriz FS, Outeiro SD, Insuas do Miño de Rábade FS, Covirán Quirgoa FS, Os Meigallos FS, Castroverde, CP Casás, Vilalba FS B, PM Friol FS, FSF Castro
Calendario
Fase Previa: 4 de setembro (eliminatorias a partido único)
Cuartos de final: 11 de setembro (eliminatorias a partido único)
Semifinais e final: 1 de novembro ( partido único)
Emparellamentos Fase Previa
Castroverde – Korreo Guitiriz FS
Insúas do Miño de Rábade FS – Praias de Barreiros
FSF Castro – SD Xove FS
PM Friol – Covirán Quiroga
CP Casás – Outeiro de Rei
*** Meigallos FS, Concello de Begonte FS e Vilalba FS B, directos a cuartos (por sorteo)
Primeira e Segunda División Masculina
Equipos participantes (14)
O Korreo Guitiriz FS B, Puebla Futsal, Samos Fúbol Sala, Outeiro de Rei SD B, Cubelas, Luisitalia, Oural FS, ADC Lugo Sala B, Concello de Begonte FS B, PM Friol B, Parrillada Porta Santiago, Ribeira FS B, SD San Lázaro, Decotropic
Calendario
Fase Previa: 4 de setembro (eliminatorias a partido único)
Cuartos de final: 11 de setembro (eliminatorias a partido único)
Semifinais: 18 de setembro (eliminatorias a partido único)
Final: 1 de novembro ( partido único)
Emparellamentos Fase Previa
Oural FS – ADC Lugo Sala B
Puebla FS – Outeiro de Rei B
Parrillada Porta Santiago – Luisitalia
PM Friol B – Samos Futbol Sala
Ribeira FS B – SD San Lázaro
Decotropic – O Korreo Guitiriz
*** Cubelas e Concello de Begonte FS B , directos a cuartos (por sorteo)
Preferente e Primeira División Feminina
Equipos participantes (8 equipos)
Ribeira FS, Vilalba FS, ADC Lugo Sala, Concello de Begonte FS, UD Pastoricense, Taboada Feminino, FSF Castro B, SD Castroverde
Calendario
Cuartos de final: 4 de setembro (eliminatorias a partido único)
Semifinais: 11 de setembro (eliminatorias a partido único)
Final: 1 de novembro ( partido único)
Emparellamentos Cuartos
UD Pastoricense – Ribeira FS
Vilalba FS – ADC Lugo Sala
FSF Castro – Concello de Begonte FS
SD Castroverde – Taboada Feminino























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
