Ribadeo, 30 de agosto de 2022. Está aberto o proceso de selección para o obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, que poñen en marcha en setembro os Concellos de Ribadeo e de Barreiros e que se centrará nas necesidades de atención dos nosos maiores.
A alcaldesa en funcións, Mónica Freire, explicou que “os Concellos de Ribadeo e Barreiros poñen en marcha en setembro Vilas Coidadoras, un novo obradoiro de emprego co que se favorecerá a inserción laboral de 20 persoas desempregadas de ámbolos dous concellos, capacitándoas profesionalmente en dúas especialidades formativas: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais”.
A rexedora dixo que “por ese motivo está aberta a convocatoria dos seguintes postos de traballo: 1 persoa administrativa, 2 persoas docentes e 20 alumnas e alumnos. A duración do obradoiro será de 12 meses, ao final dos cales, as persoas participantes rematarán obtendo unha titulación oficial en materia da especialidade que cursen”.
Freire Rancaño indicou que “as persoas que desexen inscribirse como alumnado deberán facelo a través da Oficina de Emprego de Ribadeo. Para os outros postos poderán facelo ben a través de Oficina de Emprego ou entregando a súa documentación no Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica”.
Mónica Freire engadiu que “a posta en marcha deste obradoiro repercutirá na vida diaria dos nosos maiores dun xeito moi positivo e lúdico, á vez que permitirá a aprendizaxe e capacitación de 20 persoas para desempeñar este traballo, feitos ambos que consideramos moi favorables, tanto para o Concello de Ribadeo como para o de Barreiros”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



