Ribadeo, 8 de agosto de 2022. Hoxe foi presentada a campaña de captación de socios do Ribadeo FC, que conta coa colaboración e co patrocinio de Acisa. Na cita participaron os presidentes de ambas entidades.
Carmen Cruzado, presidenta da patronal ribadense, dixo que “para Acisa é un orgullo que o Ribadeo FC pensase en nos de novo para promocionar a súa campaña Obxectivo 400, coa que pretende ampliar o seu número de socios. A colaboración e patrocinio de Acisa é moi sinxela, pero á vez moi interesante para os nosos asociados e asociadas, xa que se trata dunha campaña que se basea nun sorteo de 500 euros en vales de compra para consumir nos negocios locais”.
A nova presidenta de Acisa sinalou que “o que fixemos as dúas entidades foi elaborar as bases dun sorteo cun total de 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra de Acisa e que se realizará entre o numero de socios que teña o Ribadeo FC o 22 de xaneiro de 2023. O sorteo será o 23 de xaneiro mediante un programa de xeración de números aleatorios entre os carnés de socios que teña o club ribadense o día antes. Terá lugar a porta pechada e será retransmitido en vídeo a través do facebook de Acisa. Posteriormente emitirase un comunicado cos premiados. O único requisito para participar neste sorteo é ser ou facerse socio do Ribadeo FC. Os afortunados terán ata o 31 de xaneiro para recoller os seus premios”.
Cruzado engadiu que “dende Acisa creemos que é importante que entre as diferentes asociacións e colectivos colaboremos para poder medrar e ademais dende a nova directiva pretendemos que todas as colaboracións que se fagan por parte da nosa entidade repercutan dunha forma mais directa nos nosos asociados e asociadas, por iso, a actual directiva quixo manter o compromiso adquirido co Ribadeo F.C. nesta campaña. O Ribadeo pode así aumentar o número de socios e Acisa inxecta 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados”.
Pola súa banda o presidente do Ribadeo FC, Pedro Posada, indicou que “coa campaña Obxectivo 400 e a colaboración de Acisa, o que pretendemos é aumentar a cifra de socios e facer medrar a masa de afeccionados e asociados do noso club. Polo tanto, facerse socio do Ribadeo FC poderá ter premio. Si xa es socio do Ribadeo entras automaticamente no sorteo co teu numero de afiliado, e se non o es xa tes outro motivo para facerte e así entrarás no sorteo co número que se che asigne. As bases do sorteo poderanse encontrar nas oficinas tanto do Ribadeo FC como de Acisa e nas webs de ambas entidades“.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



