Comezarán o xoves pola tarde e finalizarán o domingo, facendo o fin de festa das Escolas Deportivas e da Ocioteca de Verán o venres pola mañá
Burela, 23 de agosto de 2022. O Concello de Burela despide o verán cunha festa da auga que se prolongará desde este xoves 25 ata o domingo 28 de agosto. Catro días de xogos acuáticos para dicir adeus a este período estival que xa vai chegando ao seu fin.
Este ano haberá ademais un tobogán xigante, o “Kamikaze”, que conta cunhas dimensións de 11m de alto, 40m ao longo e 11m de ancho, un dos máis grandes de España.
Os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades o xoves 25 e venres 26 en horario de 16:30 a 20 horas, e o sábado 27 e domingo 28 de 11:30 a 14 horas pola mañá, e de 16:30 a 20 horas pola tarde.
Non obstante, a mañá do venres estará reservada exclusivamente para realizar a festa final das Escolas Deportivas e a Ocioteca de Verán, limitando o acceso só para participantes destas dúas actividades.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, afirmou que “realizamos un ano máis esta festa ao remate do verán para todos os pequenos, deixando un espazo para aqueles que participaron nas Escolas Deportivas e a Ocioteca como premio por todo o traballo realizado”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



