Este mércores cunha ruta de kaiak que partirá do peirao de San Cibrao ás 21:00 horas. Inscriben media hora antes na mesma localización.
Este mércores cunha ruta de kaiak que partirá do peirao de San Cibrao ás 21:00 horas. Inscriben media hora antes na mesma localización.
Establecementos hostaleiros de todo o municipio poderán participar con tapas de produtos autóctonos. O público decidirá a mellor tapa co seu voto, con premios tanto para locais como para clientes.
Nesta cita, promovida polos diarios La Voz de Galicia, La Voz de Asturias, o Banco Sabadell Gallego e Sabadell Herrero, contou coa participación do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e o Presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón Rodríguez. No acto, ao que asistiron numerosas autoridades políticas de ambas comunidades, os presidentes abordaron diferentes cuestións sobre temas de actualidade, ao tempo que reforzaron os lazos entre a comunidade galega e asturiana.
Estiveron presentes os membros da directiva de Saíñas, Jairo Miguez, Uxío Dayán e Noa López, acompañados do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira Dolores Meitín. Dende o Concello invitan a veciños e foráneos a desfrutar desta foliada en moi boa compañía.
Nela, di a plataforma, deberían estar presentes, ademais de membros da mesma, unha representación dos tres grupos que forman a actual corporación, para ver se entre todos se pode alcanzar algún tipo de acordo.
A festa comezará pola mañá, coa entrada paulatina dos vehículos en Vilalba, maiormente camións. Ás 12:00 horas haberá misa e bendición de vehículos, e posteriormente unha comida de fraternidade no Campo da Feira, amenizada por Adrianos e o Dúo Venus. Pola tarde, inchables para os nenos, sorteo de agasallos e, como fin de festa, unha cea con verbena. Acudirán conductores galegos e doutras comunidades autónomas, como Asturias e Cantabria.
Esta edición foi unha das máis variadas ata a data, ofrecendo unha programación ecléctica que abarcou xéneros tan diversos como o jazz, o soul, o fado, a música celta e a canción de autor.
A alcadesa, Dolores García Caramés, quixo saudar á expedición e ao presidente do Club, Fernando Timiraos, na praia do Torno, e desexoulles moitos éxitos nos desafíos deportivos que teñen por diante. O club PortaMiñá é xa un clásico do verán cervense, porque levan máis dunha década escollendo o noso municipio para realizar estas xornadas de convivencia e deporte.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital