O portavoz municipal, Javier Castiñeira, asegura que é necesario reforzar e repoñer os pasos de peóns nas zonas recentemente pavimentadas
Foz, 1 de xullo de 2022. O goberno local de Foz é incapaz de dar solución ás principais necesidades do municipio na época con máis afluencia de xente. Por iso, desde PP de Foz esíxese que se corrixa o deterioro da pintura dos pasos de peóns no núcleo urbano da vila.
Javier Castiñeira di: “No pasado pleno, o grupo municipal do PP presentou un rogo baseado nas queixas dos veciños que lamentan o mal estado dos pasos de peóns”. O portavoz explica que nalgúns casos o deterioro é moi perigoso para os transeúntes, pois a falta de pintura e a mala visibilidade poñen en risco a seguridade cidadá.
Por outra banda, desde o grupo popular sorprende a resposta do alcalde ante este rogo asegurando que xa se pintaran no ano 2021. Ante este despropósito, Castiñeira subliña: “Os pasos de peóns deben pintarse todos os anos. Así se fixo sempre, especialmente antes da campaña do verán que é cando máis tráfico hai tanto de peóns como de vehículos”. Ademais, os populares non entenden que o goberno local presuma de récords de ocupación cando están desatendendo servizos básicos e de seguridade cidadá.
Deixadez xeral
Castiñeira reclama responsabilidade ao alcalde ante esta difícil situación ao ter él as competencias de obras e servizos no Concello. Ademais, resalta que “os pasos de cebra son unha mostra da incompetencia do alcalde, pois so hai que salir a rúa e ver a falta de limpeza nás rúas e beirarrúas e con deficiencias na rega do xardín”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



