O Alcalde, Darío Campos fíxose eco das denuncias e da indignación dos doentes xa que advirten, “que só hai un médico para atender aos 2.200 usuarios, ademais dos veraneantes”
A Pontenova, 1 de agosto de 2022. A veciñanza da Pontenova protesta pola falla de asistencia médica no centro de saúde, así o manifestou hoxe o Alcalde da Pontenova, Darío Campos, quen se fixo eco das denuncias.
O rexedor explicou que veciños “indignados”, achegáronse ao concello para protestar pola falla de médicos na vila. “Temos 2.200 veciños e veciñas que se incrementan coa chegada do verán, e só hai un medico para atender aos doentes. Ademais cando o médico ten que desprazarse a atender a usuarios nos domicilios ou as urxencias, o centro queda completamente baleiro. Está é a sanidade que promove o PP, baleirar os nosos centro de saúde públicos”.
Os veciños tamén protestan polas citas médicas que se están programando nestes días “xa que hai ata 4 días de espera para conseguir unha consulta”, segundo explican.
“O PP pasa olimpicamente do rural lucense, desmantela a sanidade como no noso Concello, impulsa recortes en educación, abandona as infraestruturas e por riba deixa sen executar 200 millóns de euros dos fondos covid, que servirían para reforzar a asistencia nesta provincia”, dixo Campos Conde.
“Merecemos unha atención sanitaria digna, os nosos maiores e os nosos veciños teñen dereito a ter máis médicos no centro de saúde. Mentres desde o Concello da Pontenova traballamos polo benestar da veciñanza coa construción dun Centro de Atención a Maiores coa inversión da Deputación, o PP pecha consultas e recorta en sanidade, esta é a diferencia. Esta é a xestión do PP”, resumiu o rexedor.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



