Mondoñedo, 1 de agosto de 2022. O Grupo Socialista de Mondoñedo interesouse na pasada sesión plenaria pola ubicación do Punto Limpio, tamén polo custe da produción do concerto de Café Quijano e polos pasos que está dando o concello en relación a denuncia da empresa que realizou melloras na Casa da Cultura, á que lle rescindiron o contrato.
Os socialistas explican que segundo consta nun decreto de Alcaldía, o pasado mes de maio a Consellaría de Medio Ambiente a través dos fondos Next Generation da UE anunciou axudas para concellos destinadas a recollida de residuos, e o Concello de Mondoñedo solicitou unha subvención de 261.000 euros para a construción dun punto limpio na nosa vila. Un proxecto que conta cun orzamento total de 350.000 euros. Nesta sesión plenaria preguntamos cal sería a posible ubicación deste espazo, e a contestación por parte do Alcalde foi que “non se sabe”.
Ademais neste pleno tamén nos interesamos polos custes de produción do concerto de Café Quijano, que se celebrará o vindeiro 17 de setembro, na praza do Seminario. Segundo explicaron o concerto non ten ningún custe para as arcas públicas municipais, “xa que está financiado polo Xacobeo”, sinalan.
A Voceira do Grupo Socialista, Esperanza Gonzalez tamén interpelou ao Goberno Local sobre o procedemento xudicial que mantén o Concello de Mondoñedo coa empresa SUNNE GALIZA S.L.U, que foi a encargada de realizar parte do proxecto de acondicionamento de locais e salas polivalentes para uso deportivo na Casa da Cultura, á que se lle rescindiu o contrato porque non cumpriu coas súas obrigas. Por este motivo o concello de Mondoñedo perdeu a subvención integra deste proxecto cun importe total de 96.800 euros. Nestes momentos o concello está personado neste procedemento a través dos servicios xurídicos da Deputación.
Os servicios xurídicos do Concello avanzaron ademais que a nova empresa adxudicataria para o remate destas obras, tampouco cumpriu os prazos previstos, e polo tanto haberá que facer unha nova licitación deste proxecto.
Rogo
Por último o Grupo Socialista demandou a través dun rogo, que se cumpran a normativa, consensuada e aprobada por unanimidade de tódolos grupos, sobre a utilización das terrazas do Concello. “Presentamos este rogo tras coñecer as queixas de diversos afectados que demandan ao Concello que faga cumprir a normativa e para que tódolos viandantes poidan circular con seguridade”, sinalan.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



