Lugo, 16 de setembro de 2022. A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, participou este venres no acto de presentación da I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo, que que organiza esta fin de semana a asociación veciñal San Vicente de Cubelas, do concello ribadense, e coa que colabora a institución provincial sufragando os gastos dun dos concerto que completan o programa.
A presentación desenvolveuse no pavillón de deportes da parroquia, onde este sábado centos de persoas se renderán ao menú que o colectivo veciñal propón con produtos de proximidade. Loureiro subliñou que a comarca da Mariña “é especialmente rica en produtos da terra e do mar que enriquecen os nosos pratos e, que, moitas veces non os valoramos como deberamos, e nese sentido felicito á asociación de veciños por impulsar esta iniciativa no marco das súas Festas das Dores, que seguro que vai ser un éxito”. Así mesmo, asegurou que a Deputación ten como un dos eixos de traballo impulsar e darlle visibilidade aos produtos quilómetro 0. Proba diso é o programa Saborea a túa provincia co que a institución provincial percorreu durante os dous últimos veráns distintos municipios lucenses para amosar as potencialidades dos produtos de proximidade.




















O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



