O evento, que se presentou este mércores no Pazo de San Marcos, celebrarase este sábado 17 de setembro e participarán 250 persoas chegadas doutras provincias de Galicia e de España
Lugo, 14 de setembro de 2022. A Ruta dos Lobos regresa este sábado, 17 de setembro, á Fonsagrada co apoio da Deputación de Lugo. Este martes foi presentada a oitava edición da cita no Pazo de San Marcos coa participación da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica, Efrén Castro Caloto, o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, e o técnico de deportes municipal, Enrique Fernández Carrín.
Nesta edición participarán 250 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia e de España, contando con inscritos doutras comunidades autónomas como o País Vasco ou Madrid. García Porto subliñou na presentación que “a Deputación de Lugo é o Concello dos Concellos e, como tal, temos o compromiso de colaborar cos 67 municipios da provincia, sobre todo cos máis pequenos, para sacar adiante todo tipo de iniciativas que favorezan o seu progreso social e económico. Este é o obxectivo que nos motivou a apoiar esta Ruta dos Lobos da Fonsagrada coa súa promoción e proxección. Nese sentido quero recoñecer o papel do Alcalde e do seu Goberno por contribuír a que este tipo de eventos se celebren no concello, e por facelo da man do tecido asociativo do municipio. É fundamental o que estades facendo na Fonsagrada para que este sexa un lugar vivo, dinámico e con iniciativas pensadas para todas as idades”, subliñou.
Máis alá do aspecto “puramente deportivo”, indicou a Deputada, “o deporte é un aliado excelente da promoción do territorio e do turismo, un reclamo que atrae visitantes á zona e que, polo tanto, axuda a fomentar a actividade da hostalería, do turismo e do comercio local”. “A Ruta dos Lobos é unha claro exemplo do que apostamos dende a Deputación porque é unha maneira magnífica de dar visibilidade á nosa oferta turística. Unha oferta que pasa por un modelo de turismo de calidade, non masificado, sostible, de experiencias, e respectuoso co medio ambiente”.
O Deputado de Deportes, Efrén Castro, sinalou a “singularidade da ruta que conseguiu diferenciarse nun calendario moi amplo e variado de probas” e recoñeceu “o traballo da organización na elección do trazado, que permite descubrir lugares que nos sorprenden incluso ás persoas da provincia, e na preparación e coidados das pistas e sendeiros polos que pasa”.
Percorrido
A Ruta dos Lobos comezará ás 11:00 horas e contará con dous percorridos: un longo e un curto. A ruta longa será de 52 quilómetros con 1.900 metros de desnivel positivos acumulado, e a curta será de 32 quilómetros en 1.200 metros de desnivel positivos acumulados. O percorrido da ruta longa viuse modificado nun 50% en relación con outras edicións, incluíndo este ano un treito que atravesa o Camiño Primitivo pola Pobra de Burón, co fin de que as persoas participantes poidan coñecer esta zona e poder afectar no menor posible aos peregrinos e peregrinas. Tamén se pasa pola Seimeira de Vilagocende, se sube á Serra de Muradal e chégase ao antigo hospital de Montouto, entre outros puntos destacados do municipio.
Haberá avituallamentos, lavado de bicicletas no Campo da Feira, zonas de duchas e unha cea para as persoas que o desexen para degustar un menú típico da Fonsagrada. De xeito paralelo á ruta organízase unha visita guiada para coñecer o hospital de Montouto, a súa orixe, e tamén unha ruta de sendeirismo.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
