Sada (A Coruña), 7 de setembro de 2022. A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, Secretaría Xeral para o Deporte e a Axencia Galega de Emerxencias, vai manter máis alá do verán a campaña informativa X unha costa + segura, posta en marcha no período estival para minimizar a interacción entre bañistas e navegantes e reforzar a seguridade nas franxas litorais. Así o anunciaron esta mañá o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, ao facer balance do impacto da iniciativa nestes meses.
Os representantes do Executivo autonómico explicaron que no marco desta acción divulgativa se instalaron 500 carteis informativos en diferentes puntos sensibles de interacción entre navegantes e bañistas como instalacións portuarias flotantes e instalacións de deportes náuticos, entre outras. Estes carteis recollen as principais limitacións normativas para o acceso a praias, portos e zonas costeiras en condicións de seguridade.
Ademais, co obxectivo de dar maior difusión a esta campaña, a Xunta remitiu toda esta información á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a todos os concellos costeiros galegos, así como ás federacións deportivas vinculadas coas prácticas náuticas, solicitando a súa colaboración na difusión das principais recomendacións para reforzar a seguridade.
Entre as principais limitacións que recolle a normativa, destaca a de navegar a unha velocidade dun máximo de 3 nós en todas as aproximacións á costa. Nos casos de tramos de costa non balizados como zona de baño, enténdese que esta ocupa unha franxa de mar contigua á costa dunha anchura de 200 metros nas praias e de 50 metros no resto da costa, polo que nesas zonas non se pode navegar a máis desa velocidade e extremando a seguridade.
Ademais, todas as embarcacións que accedan a praias desde o mar e viceversa deben facelo perpendicularmente e con esta mesma limitación de seguridade e ningunha poderá acceder ao interior dunha zona balizada, reservada exclusivamente para bañistas. Finalmente, nas zonas portuarias a velocidade máxima é tamén de 3 nós e non está permitido o baño nin o acceso a ningún equipamento.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



