Ribadeo, 21 de setembro de 2022. Acisa colabora co Concello de Ribadeo na cuarta edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense, que arrincará o vindeiro 1 de outubro e se prolongará ata o 31 de decembro. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos prestarase asesoramento ás empresas, sexan asociadas ou non, e tamén aos clientes dos negocios de Ribadeo.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “o que faremos no noso horario de oficina será resolver esas dúbidas que tanto os negocios coma os seus clientes poden ter á hora de operar coas panchas, de baixar a aplicación correspondente… de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas e luns e xoves de 15:30 a 18:30 horas estaremos a disposición dos establecementos participantes e da veciñanza”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o que todos queremos é que a campaña das Panchas funcione moi ben e que sexa un revulsivo para a economía local ao longo dos vindeiros meses. Vimos dun verán que foi moi bo en liñas xerais e con esta iniciativa do Concello de Ribadeo e con outras actividades nas que estamos traballando desde Acisa agardamos que veña xente á nosa vila facer as súas compras, tomar os viños, cear, pasear, divertirse”.
E engadiu: “o mellor plan para vir a Ribadeo nas vindeiras semanas xa o temos enriba da mesa: as Panchas arrincan en breve e estamos convencidos de que serán moitas as persoas que aproveitarán esta oportunidade para facer as súas compras de outono e tamén estarán xa pensando nos agasallos de Nadal”.
Pérez Prada dixo que “desde Acisa e desde o Concello traballamos polos negocios locais e o que agardamos é que a veciñanza os siga apoiando facendo as súas compras nos comercios que temos a carón da casa nos que atoparemos un trato personalizado e próximo e que apoien tamén á hostalería local. Sen negocios locais as vilas, os pobos, as cidades esmorecen”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, indicou que “aínda quedan uns días para que os negocios de Ribadeo se poidan adherir á campaña das Panchas. Teñen ata o día 27 para facelo. A inscrición marcha a bo ritmo. Desde a Área de Desenvolvemento Local tamén ofreceremos asesoramento a quen o precise. O obxectivo é facilitar todo o posible a participación nesta cuarta campaña da nosa moeda local, a Pancha, que tan bos resultados deu nas edicións pasadas”.
Acisa e Concello mantiveron esta mañá un encontro no Pazo de Ibáñez.



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



