José López Cabodevila será presidente de honra, José Luis Lourido López vicepresidente e Manuel Rivas Bouza secretario nunha executiva que suma tamén oito vogais
Riotorto, 10 de setembro de 2022. O PP de Riotorto vén de elixir ao alcalde popular, Clemente Iglesias, como presidente da agrupación local que conta na súa executiva con outras once persoas “comprometidas co proxecto do Partido Popular para Riotorto”. Foi durante o congreso local celebrado este venres e no que participaron membros da directiva do Partido Popular da provincia de Lugo que explicaron que se trata dun “proceso de renovación orgánica que ten como obxectivo o fortalecemento da formación de cara aos novos retos electorais que darán comezo coas municipais en maio do 2023”.
Iglesias quixo recoñecer de forma simbólica o importante labor de José López Cabodevila, que foi alcalde do Partido Popular no municipio durante 24 anos, co seu nomeamento como presidente de honra da agrupación local. José Luis Lourido López e Manuel Rivas Bouza, que forman parte do actual goberno municipal de Riotorto, serán o vicepresidente e secretario do PP local que contará con oito vogais: Antonio García González, Manuel Pol Veiga, María José Portela Cancio, José Antonio Díaz Rodríguez, José Oriol Moirón Pacio, Pablo Fernández Méndez, José Cabarcos Carreira e Eliseo García Rodríguez.
A directiva provincial agradeceu o compromiso de traballo de toda a executiva local que pretende “facer todo o mellor posible para Riotorto” e subliñou o traballo diario que realizan os membros do goberno municipal “atendendo as demandas do día a día dos veciños e veciñas e deseñando políticas e proxectos en función das necesidades da sociedade actual e do futuro más próximo”. Os populares confían en que “o proxecto do Partido Popular é o mellor para Riotorto e os seus veciños” e, polo tanto, están convencidos de que os veciños lles volverán a demostrar o seu apoio nas vindeiras citas coas urnas.
Atender as demandas dos veciños
O presidente do PP comprometeuse a seguir traballando en beneficio dos veciños, escoitando as súas demandas e aplicando, dende o goberno local, as medidas ao seu alcance para mellorar a súa calidade de vida.
Para os populares é prioritario “mellorar os servizos e a atención aos veciños”. Nese sentido, Iglesias explicou que o goberno local desenvolveu distintos proxectos e ten outros previstos para mellorar os accesos a varios núcleos e tamén a rede de abastecemento e o saneamento. No seu breve repaso ás iniciativas do goberno do PP en Riotorto, Iglesias destacou a creación de novos servizos sociais -ademais do continuo reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) co obxectivo de atender a tódolos maiores que precisen atención nos seus domicilios- coa posta en marcha de dúas casas do maior e unha casa niño. Así mesmo, tamén están a traballar pola creación dunha residencia para a terceira idade.
O popular subliñou tamén a aprobación do Plan básico municipal en materia de ordenación urbanística, a creación de novas infraestruturas deportivas ou a implantación do servizo de fibra óptica no casco urbano que se está a estender tamén ás zonas do rural. Iglesias aposta por “ofrecer actividades para a dinamización social e cultural e, ao mesmo tempo, favorecer o asociacionismo” a través da convocatoria de axudas ás asociacións.
O polígono, parado pola Deputación
Iglesias explica que “queremos o mellor para o noso pobo e con ese obxectivo traballamos a diario. Lamentablemente temos pendente un importante proxecto para o desenvolvemento económico e empresarial de Riotorto como é o do polígono industrial que se atopa parado polos atrancos do actual goberno da Deputación de Lugo”. O popular explica que “o que falta é que a Deputación saque a licitación o proxecto para a súa urbanización”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.