As familias poderán descubrir o método Kids&Us de primeira man a través de clases demostrativas para bebés e nenos de 1 a 7 anos.

Este dispositivo, deseñado e fabricado polo persoal de Sargadelos contribuirá a facer máis atractiva a visita ao complexo socio-cultural. Conxunto integrado pola fábrica, o museo de cerámica, o horto dos alieníxenas, a piscina dos desenganos, a taberna dos irmandiños e diversas esculturas e dispositivos emprazados nos terreos da propiedade.
Nova edición dos mércores de natureza polo Río Sor, este 16 de xullo ás 11h, partindo do porto do Vicedo (Inscrición no 982 59 01 95). O mesmo día ás 20:30h na Casa da Cultura charla sobre os microbios nos alimentos co profesor Antonio Juárez. Xa o venres nos exteriores da Casa da Cultura nova visita da furgoneta de Galicia Sabe aMar que permitirá probar pinchos mariñeiros para resaltar as propiedades dos nosos peixes. Para rematar o domingo a I Marcha contra o cancro partindo desde a ponte vella e rematando no parque da Casa da Cultura. Inscricións durante toda esta semana na Casa da Cultura. Ademais de todo esto, Os do 21 organizan o seu festival 'Lembranzas' o sábado ás 19:30h no seu local social.
Na presentación do cartaz estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín. Ás 12 do mediodía dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. A xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
Trátase dun espazo de 33,5 metros cadrados situado nun inmoble da rúa Rosalía de Castro da localidade. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, formalizaron a entrega, que se fai en réxime de alugamento. Arias puxo en valor a colaboración entre a Xunta e as entidades locais para mellorar os servizos públicos que prestan no ámbito municipal.
"Consideramos que non estaría de máis a instalación dunha papeleira fixa na zona, co fin de mellorar a conservación do espazo". "Así mesmo, para quen corresponda, sinalamos que os eucaliptos situados no cantil representan un perigo evidente, tanto pola súa inestabilidade como polo risco que supoñen para as persoas".
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “ayer, jueves 10 de julio, pudimos disfrutar en la playa de Os Bloques de una tarde super entretenida desde las cuatro hasta las siete. Contamos con hinchables acuáticos, donde todos los ribadenses y visitantes disfrutaron de una tarde increíble”. O edil ribadense engadiu; “os esperamos porque habrá más juegos en la playa de Os Bloques. Desde la Concellería de Mocidade seguimos apoyando y dinamizando este fantástico verano”.
As personas interesadas en adquirir este número poden poñerse en contacto con algún membro de Esperanza para facerse co décimo, xa que serán as persoas da directiva da Asociación as que leven a cabo directamente a venda dos mesmos, e para iso o local do colectivo estará aberto todos os mércores deste mes de xullo de seis a oito da tarde
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital