Viveiro, 17 de setembro de 2022. Esta mañá arrancou dende a explanada da Variante, no porto de Viveiro, a ruta entre a vila e Ourol. Una iniciativa enmarcada no Camiño Nordés (de Viveiro a Vilalba) e impulsada pola asociación Camiño Real, encabezada por Antonio Pereiras. A alcaldesa da vila, María Loureiro, uniuse aos máis de 80 participantes que tomaron a saída as 10:00 da mañá. A rexedora local e o tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, repartiron entre todos eles mochilas con froita e auga antes de comenzar a andaina, así como a credencial acreditativa deste tramo. Tamén participaron na saída os representantes municipais dos concellos polos que transcorre a ruta: O alcalde de Xermade, Roberto Garcia; de Muras, Manuel Requeijo; de Ourol, José Luís Pajón e as alcaldesas de Vilalba, Elba Veleiro e de Viveiro, María Loureiro.
Os camiñantes iniciaron a xornada polo paseo fluvial ata Portochao e logo subiron á Rúanova, en Magazos. As nove persoas que farano a cabalo saíron do mesmo punto e foron logo pola estrada LU-540 ata a Rúanova. Dende alí, estes últimos colleron cara a Galdo, para acceder ao Malló, Cruz do Pousadoiro e, dende alí, cruzar para chegar ao Campo de Fútbol de Ourol. Pola súa banda, os camiñantes, dende a Rúanova baixaron cara a Landrove para atravesar o río Landro pola ponte vella, ir ao Cristo, Toxeiras, para cruzar no camiño que sube ata a Redoada; dende alí continuarán cara a Vilares e Merille, para rematar tamén no Campo de Fútbol de Ourol.
Este ruta do Camiño Nordés ten un total de 12 quilómetros e un percorrido de dificultade media-baixa. Con motivo desta ruta, realizarase un xantar campestre en San Antonio da Xestosa, para o que era preciso anotarse previamente. Neste caso, o desprazamento, unha vez finalizado o xantar, será polos seus propios medios. Nesta ruta, que se está intentando potenciar, están inmersos os concellos de Viveiro, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba. A idea partiu da Asociación Camiño Real, de Muras, coa colaboración da Asociación Cultural Roteiros da Carba e Amigos dos Cabalos de Muras, indicando que xa se teñen realizado os restantes tramos entre Ourol e Muras, Muras e Pepa a Loba, e Pepa a Loba e Vilalba.
























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



