Lugo, 16 de setembro de 2022. A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, participou este venres nas xornadas culturais Mar por Medio. O Camiño do século XXI que tiveron lugar no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo. Loureiro sinalou na súa intervención a importancia que as rutas xacobeas teñen para a provincia, con 800 quilómetros de camiños oficiais e itinerarios alternativos no territorio, e subliñou que, desde os concellos e a Deputación de Lugo, “vimos reivindicando dende hai moitos anos a oficialización do Camiño do Mar, porque suporá unha ferramenta de modernización e de dinamización do turismo tanto de pegada nacional como internacional, e polo tanto, da actividade social e económica da nosa comarca”. Para a Deputada e rexedora viveirense é o momento “da máxima implicación coa Mariña” pola crise industrial e cre que o Camiño pode ser un elemento dinamizador moi importante.
Nas xornadas, que comezaron este venres e prolongaranse ata o domingo, 18 de setembro, participarán preto de 100 persoas e contarán con diferentes expertos e intelectuais de diversos ámbitos. María Josefa Sanz Fuentes, catedrática na Universidade de Oviedo, ofreceu a conferencia inaugural O Camiño de Santiago como elemento vertebrador de Europa.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.


