Xove, a 16 de setembro de 2.022 O Concello de Xove lanza o “Xeoportal de datos”, dispoñible online e que ofrece un servizo de visualización e consulta urbanística por parcela catastral do Plan Xeral de Ordenación (PXOM) aprobado, e tamén ofrece a consulta dos bens inventariados no inventario de bens e dereitos municipais. Para acceder a este portal hai que entrar primeiro na páxina web do Concello (www.xove.es) e unha vez dentro, entrar no visor.
Esta ferramenta, basada en tecnoloxía de GIS, facilita o acceso á información dos bens de propiedade municipal inventariado e a consulta urbanística mediante a procura por referencia catastral ou dirección, ofrecendo a versatilidade de poder realizar as consultas dende calquer dispositivo e a activación da xeolocalización en dispositivos móbiles con GPS e consultar así dende calquer punto do territorio a planificación urbanística.
O “Xeoportal de datos” é, en definitiva, un paso máis para favorecer a visibilidade e a transparencia da información municipal da información municipal a todos os veciños e persoas interesadas.
Polo momento, este tipo de tecnoloxía está instalada nos Concellos de Vigo, A Coruña e Santiago, sendo o de Xove o 4º, e primeiro na provincia de Lugo, que dispón desta importante ferramenta.
A instalación desta tecnoloxía correu a cargo da Empresa Procat Ingeniería y Medioambiente.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



