Gañaron 5-3 a un Torreblanca Melilla na final, nun partido que se tivo que decidir no tempo extra
Burela, 4 de Agosto, 2022. Partido que enfrontaba a dous grandes rivais, que no inicio da primeira parte mostrábanse con moita intensidade en pista. A ocasión máis clara do partido ata o momento ía ter Irene Samper, que fixo unha moi boa actuación, roubando o balón á porteira Vika pero non puido materializar.
Con todo, a partir dese momento as melillenses eran mellores en pista, tendo varios achegamentos perigosos, ata chegar o gol de Bia, para abrir o marcador, despois dun disparo ao pau de Ana Luiza no minuto 12.
A partir de recibir o gol, o CD Burela FS, xogou uns minutos de moi alto nivel, tendo varias ocasións para empatar o partido, ata que chegou o gol de Antía para poñer táboas, despois dunha contra de libro acabada por ela cun disparo raso. Foi cousa de segundos, para que as guerreiras laranxas se adiantaran con gol de Patricia, tras resolver un man a man fronte á meta rival a 2 minutos do descanso. Acabaríase a primeira parte con vantaxe do CD Burela FS.
O Melilla saleu do descanso con intencións de empatar o partido, tendo un disparo ao pau nos primeiros minutos. Con todo, a medida que avanzaba o partido, o CD Burela FS controlaba o resultado, e defendíase cunha gran actuación de Jozi. Tamén tivo as súas oportunidades de facer gol con algunha acción de Dany e Antía.
Os últimos 10 minutos foron moi igualados, con dous equipos que daban todo en pista e tiñan as súas accións perigosas. Nos instantes finais, o Melilla buscaba o gol con xogo de 5, e con insistencia, lograría o empate tras unha xogada combinada que acaba Thais. Un minuto despois, tras forzar a sexta falta, Emilly puido desempatar, pero pararíao Patri Alarcón. Sería na seguinte xogada a mesma xogadora, Emilly, que poñería o 3-2 cun trallazo. Con todo, 15 segundos bastáronlle ao Melilla para volver empatar o partido por mediación de Thais. Con isto iríase ao tempo extra.
A prórroga decantaríase para o CD Burela FS, tras primeiro converter Emilly un dobre penati e posteriormente sentenciar o partido Peque cun golazo cun dereitazo que se coaba na escuadra. Tras o tempo extra, proclamaríanse campioas do torneo co definitivo 5-3.
Ficha técnica
CD Burela FS: Jozi, Emilly, Peque, Patricia, Cilene-Cinco Inicial- Dany, Irene Samper, Antía Pérez , Masha, Jenny, e Evelina.
Torreblanca Melilla: Vika, Ana Luiza, Bia, Amandinha, Lydia -Cinco Inicial- Patri Alarcón, Jhenni Karonlay, Lubna, Julia de Oliveira, Thais, Vicky, Sara Soares, Juliana.
Goles: Min 12 Bia 1-0; Min 18 Antía 1-1; Min 18:20 Patricia 1-2; Min 38 Thais 2-2; Min 39 Emilly 3-2; Min 39:15 Thais; Min 2 tiempo extra Emilly 4-3; Min 3 Tiempo extra Peque 5-3.
Equipo arbitral: Lidia Crespo, Héctor Vilas, Alejandro Godar. Cartón amarelo a a Ana Luiza. Cartón amarelo a Antía.
Incidencias: Partido Amistoso de la final del II Torneo de Ourensanía-Concello de Cartelle disputado en el Pabellón Piño-Vilachá






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.