Na oferta dos cursos de natación hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym
Cervo, 16 de setembro de 2022. O Concello de Cervo abre o próximo o luns 19 de setembro o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais ofrecendo un amplo abanico de actividades, pensadas para todos os públicos.
Os pequenas e pequenas poderán asistir a actividade de multideporte, patinaxe artística, ximnasia rítmica, volei e balonman, esta última como novidade.
O concello sigue como cada ano con actividades pensadas para as persoas adultas que poderán anotarse a fit-dance, ioga, pilates ou ximnasia de mantemento; que se impartirán na Casa do Mar, en San Cibrao, e tamén no edifcio anexo ao Concello en Cervo.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura en horario de 09:00H a 15:00H e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo o próximo luns para os cursos de natación da temporada 2022-2023 tanto para infantil como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym. As clases son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo.
As fichas de inscrición faranse de forma presencial na piscina municipal en horario de 09:00H a 15H:00 e de 16:00H a 22:00H.
As Escolas Deportivas Municipais de Cervo e os cursos de natación son unha mostra da aposta que dende o concello de Cervo se fai polo deporte, tal e como apuntou David Rodríguez; “ dende o concello entendemos que o deporte é unha actividade esencial na vida das persoas, por este motivo ofrecemos unha gran variedade de actividades tanto para adultos como para os máis pequenos ”.
Pola nosa banda –engadiu o alcalde, Alfonso Villares- “ traballamos intensamente para ofrecer este marco amplio de posibilidades para practicar deporte a toda a veciñanza co propósito de que o integremos no noso día a día, ademais de aproveitar as distintas instalacións deportivas e salas coas que conta o concello ”.
Polo que convidamos a todos, nenos, nenas e persoas adultas, a que formen parte das Escolas Deportivas Municipais e participen nos cursos de natación.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.

