A dirección provincial sinalou que o intenso traballo da nova executiva, con total proximidade aos veciños e vontade de sumar, dará ao Partido unha vitoria aínda máis ampla nas eleccións locais do próximo ano
Xove, 9 de setembro de 2022. O PP de Xove refórzase de cara aos novos retos electorais cunha executiva na que, xunto á veteranía dos que xa formaban parte da dirección do partido, figuran novas incorporacións, que, nun marco de representatividade das parroquias e da vila, afondará no traballo de proximidade e de sumar para mellorar a calidade de vida dos veciños. Á fronte da executiva saída do congreso celebrado este xoves polo PP de Xove está José Demetrio Salgueiro Rapa, alcalde do municipio.
Nas vicesecretarías figuran: Política Social, Ana María Abad López; Educación e Medio Rural, María Dolores Meitín Guerrero; Turismo e Deporte, Cristina Iglesias Guerreiro; Medio Ambiente, Cecilia Duarte Fernández.
Os vocais son: Manuel Ángel Meitín Rouco, Leandro Quelle Franco, José Manuel Balseiro Canoura, José Ángel García González, Antonio Paleo Riveira, Jesús Ángel Ben Canoura, Francisco Antonio Casariego Guerreiro, Miguel Ángel García Sánchez, Jesús García Ínsua, José Manuel Dayan Mariño, José Mario Cociña Ben, José Luis Fernández Cociña, Andrés Pricto Muriel, Juan Carlos García Castro.
José Demetrio Salgueiro sinala que a nova executiva “é moi representativa a nivel local, continuista pero con novas incorporacións de xente con moitas ganas de traballar que aportará novas ideas”. É unha executiva “integradora”.
O presidente local do PP, e alcalde, destaca que “o importante é manter a liña de contacto moi estreito cos veciños de todo o municipio, das parroquias, para seguir detectando necesidades e xestionar a súa solución”.
Salgueiro Rapa indica que “o obxectivo é manterse permanentemente cerca dos veciños, manter un diálogo permanente con eles e sempre tratando de sumar en beneficio do municipio”. Na mesma liña, sostén que “o PP é un partido do pobo e, como sempre, seguiremos tratando de facer todo o mellor posible para Xove; somos un partido moi cercano e imos seguir así”.
Proximidade e vontade de sumar
A dirección provincial do PP, pola súa parte, mostrouse convencida de que a nova executiva, baixo a dirección de Salgueiro Rapa, fará un intenso traballo nos próximos meses que dará como resultado unha nova ampla vitoria ao PP en Xove nas vindeiras eleccións locais. Xove, segundo indicaron, é un exemplo de como entende o PP a proximidade aos veciños e a vontade de traballar para sumar en beneficio do municipio. A dirección provincial destacou a importancia das próximas eleccións para conseguir gobernos locais, que, como o de Xove, loiten por frear e reverter a perda de recursos de A Mariña e reparar os danos causados polas erradas políticas do Goberno presidido por Pedro Sánchez.
Os membros da dirección provincial destacaron “o compromiso indiscutible” de toda a candidatura, cuxo traballo reverterá “en seguir facendo deste municipio un referente en toda A Mariña. Son homes e mulleres con experiencia e, que, por riba de todo, queren o mellor para o seu concello”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



