Os populares consideran que é preciso “adoptar un compromiso conxunto para sacar adiante co máximo consenso as medidas de competencia estatal que teñen a chave para solucionar esta situación”
Lugo, 17 de setembro de 2022. O PP pide “coherencia” ao secretario xeral do PSOE en Lugo, José Tomé, que aproveitou un acto do seu partido con alcaldes para advertir da falta de persoal sanitario. Son unhas declaracións efectuadas, curiosamente, a mesma semana na que os socialistas veñen de votar en contra, no Pleno do Parlamento, das demandas da Xunta e doutras sete Comunidades Autónomas, que asinaron un manifesto pedindo ao Ministerio “poder formar e contratar máis médicos”.
Dende a dirección provincial do PP aseguran que “non hai agora mesmo na sanidade un problema máis urxente nin unha necesidade máis perentoria”. Por iso, explican, “debemos adoptar un compromiso conxunto para sacar adiante co máximo consenso as medidas de competencia estatal que teñen a chave para solucionar esta situación”.
Galicia, din os populares, lidera esta petición na que se identifican seis medidas que son competencia do Ministerio de Sanidade: non deixar prazas desertas MIR; a creación da especialidade de para evitar o desprazamento de profesionais de medicina familiar e comunitaria; a ampliación do número de prazas de formación especializada; un plan extraordinario de formación; e a planificación rigorosa de futuro, entre outras.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



