Golean 12-2 ao Sala Zaragoza, na segunda xornada de Primeira Federación de Futsal Feminino
Burela, 17 de setembro, 2022. O CD Burela FS consegue alzarse coa vitoria no primeiro partido en casa de Primeira Federación Feminina. En todo o encontro foi un equipo moi superior, xerando todas as ocasións e tendo todo o peso do partido.
Na primeira parte chegaría a anotar a alta suma de sete goles a favor. Abriría a conta Irene Samper aproveitando un rexeite de Vero. O segundo anotaríao Patricia nun contragolpe despois doutro rexeite na meta do Zaragoza. O terceiro xurdiu a partir dunha xogada combinativa excelente, poñendo o dobrete persoal Irene Samper. O cuarto chegaría a mans de Emilly, que non perdoaba ante Vero. Seguía a festa laranxa co quinto de Jenny sendo servida por unha fenomenal asistencia de Patricia. O sexto poñíao Dasha con outro moi bo gol de equipo, volvendo ser Patricia a asistente. Por último, Cilene poñería o broche a esta primeira metade de escándalo cun trallazo que se coou na portería despois de pegar no traveseiro.
As laranxas non cedían no festival de goles, e nos primeiros minutos da segunda parte anotaron ata tres . Primeiro, Irene Samper cun disparo cruzado, Despois Emilly Cazando un balón na área e o terceiro con outra vez Irene Samper que sumaba catro goles á súa conta. O Sala Zaragoza recortaría distancias por mediación de Jaimes.
Ao partido aínda quedarían goles, pois Dasha anotaría tras un bo disparo con asistencia de Peque, e Mirian recortaría outra vez distancias desde un gol dese o seu campo. Ao partido quedaría un gol en propia de Bravo que poñería o final cunha vitoria contuntende das laranxas.
Ficha técnica
CD Burela FS: Jozi, Irene Samper, Emilly , Dany, Peque, -Cinco Inicial- Masha, Jenny, Cilene Dasha y Patricia, Antía e Evelina
Sala Zaragoza: Vero, Moreno, Boix , Giba, Mirian, -Cinco Inicial Illescas, Jaimes, bravo e Zahra.
Goles: Min 3 Irene Samper 1-0; Min 8 Patricia 2-0; Min 10 Irene Samper 3-0; Min 11 Emilly 4-0; Min 15 Jenny 5-0; Min 16 Dasha 6-0; Min 18 Cilene 7-0; Min 21 Irene Samper 8-0; Min 22 Emilly 9-0; Min 24 Irene Samper 10-0; Min 28 Jaimes 10-1. Min 34 Dasha 11-1; Min 34 Mirian 11-2. Min 39 Bravo 12-2.
Equipo arbitral: Coello Martínez Darriba Villamor – De Luis Iglesia,
Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da Primeira Federación de Fútbol Sala Femenino disputado no pabillón Vista Alegre.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.


