A institución provincial impulsa con 40.000€ esta iniciativa de apoio, formación e asesoramento gratuíto a negocios liderados por mulleres do rural lucense como parte da súa estratexia para a promoción económica da provincia
Lugo, 26 de outubro de 2022. O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou este mércores na Fonsagrada nun almorzo de traballo celebrado no marco do programa Feminino Rural. Evolución que impulsa a Deputación en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU). Neste encontro participaron mulleres con iniciativas empresariais ou emprendedoras da comarca da Montaña, e estivo tamén presente o tenente de Alcalde da Fonsagrada, José Ángel Fernández Carrín.
Fernández Rico salientou que esta medida forma parte da estratexia da institución para fortalecer o tecido produtivo da provincia, neste caso, os proxectos empresariais e emprendedores liderados por mulleres no rural. Detallou que este é un programa no que as participantes reciben formación, acompañamento e asesoramento de maneira gratuíta, tanto para mellorar os negocios que están en marcha, como para favorecer o éxito e viabilidade das iniciativas emprendedoras. A institución provincial inviste 40.000€ neste programa.
Cen mulleres participantes
O Deputado subliñou que o proxecto está tendo moi boa acollida na provincia, con máis de 100 mulleres involucradas, que queren desenvolver ou xa están desenvolvendo actividades moi diversas, entre elas, servizos forestais, apicultura, turismo rural, comercio, agricultura ecolóxica, organización de eventos, publicidade, gandería, coach, adegas, artesanía, tear, pilates ou traballos feitos á man.
Aproximarse ás comarcas
O programa Feminino Rural. Evolución naceu co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar a súa participación. Por iso, atendendo precisamente ás características demográficas do noso territorio, todas as accións fanse de maneira deslocalizada, nas distintas comarcas da provincia: A Mariña, Lugo, A Ulloa, a Terra Chá, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra.
En cada zona créanse sinerxías entre as mulleres, fomentando o intercambio de coñecementos e de experiencias que beneficien aos proxectos individuais de cada unha.
As formacións e asesoramentos están dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados das empresas que teñen en marcha. Pola súa banda, as emprendedoras participantes reciben asesoramento e apoio técnico para constituír e arrancar a súa propia empresa, e para favorecer a súa viabilidade.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



