Ribadeo, 27 de outubro de 2022. A premiada bailarina, coreógrafa e actriz Sol Picó presenta o seu espectáculo Malditas Plumas en Ribadeo este sábado, 29 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Será o estreo en Galicia dentro da xira por España que está facendo con esta montaxe, na que combina teatro e danza. Estreouse en Castellón en outubro de 2020 e por ela Sol Picó recibiu un premio da Crítica de las Artes Escénicas neste ano 2022.
As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).
Os creadores do espectáculo explican que en Malditas Plumas “recorremos diferentes episodios de la vida de un personaje, encarnado por Sol Picó, en un viaje que transita entre la ternura y la decadencia. En esta obra el público conoce la historia de esta vedette del Paralelo y comparte sus recuerdos, experiencias, vivencias… ¿O bien nunca llego a serlo y son sus sueños, sus proyecciones vitales, sus deseos no cumplidos? Es todo un gran delirio quizás que, aunque nos transporta a un sitio y una época muy concretos, nos conecta también con los sentimientos más humanos y, por lo tanto, más universales: el miedo a la muerte, a la degradación, a la pérdida, a desaparecer. Inspirándose en el género de la revista española y su picaresca, esta obra juega con la transformación, la interacción del público y la confusión entre ficción y realidad, siempre con la ironía y el sentido del humor que caracterizan el lenguaje de Sol Picó”.
Sol Picó Monllor naceu en Alcoi (Alacante) en 1967. Estudou danza española, clásica e contemporánea e nas súas producións combina diferentes técnicas e linguaxes. En 1993 creou a Compañía Sol Picó, coa que se converteu nunha das coreógrafas e bailarinas máis heterodoxas da escena contemporánea española. Ao longo da súa extensa traxectoria foi galardoada con numerosos recoñecementos, entre eles 10 premios Max, o premio de Danza de Cataluña, o premio Ciudad de Barcelona de Danza e o Premio Nacional de Danza. As súas xiras tamén saíron fóra de España en varias ocasións, o que a levou a actuar en países como Taiwan, Suecia, China, Irlanda, Bélxica, Filipinas, Reino Unido, Grecia, Ecuador, USA, Corea, Chile, Arxentina, Francia, Italia, Alemaña, México, Canadá, Uruguai, Holanda, Serbia, Croacia ou Portugal.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.


