Arias Fouz lembra que o Goberno Galego destina 1.712 M€ a Lugo, a provincia con maior contía por habitante, e destaca os 174M€ de gastos en políticas sociais
Lugo, 25 de outubro de 2022. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, cre que as críticas do presidente da Deputación de Lugo aos orzamentos da Xunta para a provincia de Lugo non teñen sentido, cando o borrador dos orzamentos é o máis elevado para a provincia de Lugo, -1.712 millóns de euros-, que volve a ser a de maior contía por habitante -incrementada nun 7,3% con respecto ao pasado ano ata quedar nos 5.288 euros. Arias Fouz considera que fronte a esta aposta decidida do Goberno galego por Lugo, nas contas estatais hai un claro estancamento.
Segundo o delegado territorial da Xunta en Lugo, roza a desvergonza criticar os prazos e as cantidades asignadas a obras como a Ronda Este, o novo acceso na LU-651 a Folgoso do Courel, ou a autovía Nadela-Sarria, cando nos orzamentos do Estado dedícanse cero euros á Autovía da Mariña, á de Lugo Ourense ou ás variantes da conexión ao tren de alta velocidade de Lugo-Ourense. Fronte a este baleiro, a Xunta investirá 100M€ no capítulo de Infraestruturas.
Javier Arias móstrase en desacordo tamén coas críticas de Tomé ao gasto social, cando na provincia ascenderá a preto de 174 millóns de euros. Esta inversión servirá para o funcionamento dos centros propios, o financiamento de prazas asistenciais ou do Servizo de Axuda no Fogar para persoas en situación de dependencia, a Risga e outras axudas sociais. Tamén se contemplan partidas para construír unha nova residencia en Antas de Ulla (case 1,6 millóns) ou para reformar as residencias das Gándaras e da residencia da Milagrosa, en Lugo (3,7 millóns e 800.000 euros respectivamente).
Tampouco comparte as críticas á falta de inversións e actuacións no rural en materia educativa, cando hai decenas de actuacións en marcha, algunhas rematadas e outras en execución, con 31 grandes obras, das que 23 son en centros de municipios rurais, cun investimento de case 17M€. Para o delegado territorial “Tomé ou non coñece ou non se interesou polas máis de 80 actuacións en centros educativos da provincia, entre eles a rehabilitación integral do IES Daviña Rey, en Monforte de Lemos”.


















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



