Elena Candia, Jaime De Olano e José Manuel Barreiro compareceron en rolda de prensa para analizar os Presupostos Xerais do Estado para o 2023
Lugo, 7 de outubro de 2022. O PP da provincia de Lugo pide que “se rectifiquen uns Presupostos Xerais do Estado para o 2023 que dan as costas a Lugo que pasa a ser a cidade peor conectada e con peores infraestruturas de Galicia. E todos sabemos o que supón para o tecido socioeconómico”, sinalou Elena Candia.
A popular advertiu que “estes Presupostos certifican a defunción da alta velocidade ferroviaria para Lugo; pero, dende a lealdade, o respecto institucional e tamén co carácter reivindicativo que nos demandan os lucenses, esta forza política non vai renunciar a ela”. É máis, “imos intentar que isto no suceda con todos os mecanismos que estean ao noso alcance” porque “é o momento de revertelo coa posibilidade de emendar estes Presupostos para corrixir a cantidade suficiente para que non nos dean máis, pero que non nos quiten o que tiñamos conseguido co esforzo de todos: a sociedade civil, entidades empresariais, etc.”.
Así mesmo, Candia avanzou que “explicaremos a todas as entidades asociativas estes Presupostos, incidindo especialmente na alta velocidade, para volver implicalos e reivindicar de maneira unida esta infraestrutura que é dos lucenses e que non imos consentir que Pedro Sánchez, que ten outros intereses entre os cales non está Lugo, nola quite”. Así mesmo, Candia apelou á “colaboración e implicación do goberno do Concello para que Lugo non quede á marxe da alta velocidade”.
A popular considera que “a non construción das variantes e a falta de partidas orzamentarias para garantir esa construción certifican o rexeitamento e a falta de compromiso do Goberno de Sánchez con Lugo e coa conexión coa alta velocidade”.
Por outra banda, sinalou que “queda sen cobertura outra reivindicación que estes días facía súa non só este proxecto político, senón tamén os propios traballadores da Comisaría: seguimos sen ter ningún avance. Estes Presupostos dan as costas a esta infraestrutura necesaria que a sociedade de Lugo pide e para a que seguiremos loitando para que sexa unha realidade máis pronto que tarde”.
Barreiro: “Estes Presupostos, claramente electorais, castigan á provincia de Lugo”
O senador José Manuel Barreiro sinalou que “unha vez máis os Presupostos do Estado discriminan á provincia de Lugo; é así dende que o señor Sánchez é presidente do Goberno e estas contas son a constatación”. Noutro momento manifestou: “Unha vez máis o goberno socialista castiga á provincia de Lugo, e non quero pensar que sexa porque estes son uns orzamentos claramente electorais, un programa electoral ao que lle puxeron números”. Destacou: “Quedamos fóra do corredor do mercancías do noroeste”. Lembrou que no Senado “un compañeiro noso pola provincia de Pontevedra presentou unha iniciativa para intentar corrixir esta circunstancia e o resultado da votación foi empate, pero non saíu adiante polo voto negativo do Partido Socialista”.
O mesmo senador popular dixo: “Unha das infraestruturas máis relevantes para a provincia é a autovía Lugo-Santiago; segundo os orzamentos non iremos por autovía a Santiago, como moi pronto, ata 2025. Hai consignación, tanto para o tramo de Palas -Melide como Melide-Arzúa para este ano e para o ano que vén. Isto quere dicir que se se cumpren as previsións orzamentarias estaría rematada no 2024, e véxoo difícil porque non se caracterizan como bos xestores”. Explicou que para a autovía de A Mariña, a A-74, “o único que hai é unha expresión de vontade; nada de nada”. Engadiu: “En canto a outra comunicación do interior da provincia, Lugo-Ourense, non hai nada; sacáronse a careta e non hai nin un euro”. Tampouco hai partida para o intercambiador previsto por Mariano Rajoy en Montecalvo, para enlazar a autovía de Santiago coa de Ourense.
Barreiro declarou que “non só non fan máis, senón que deixan de facer. Non cumpren os compromisos que había con esta provincia. Onte debateuse no Senado unha moción do Partido Socialista, que nos emendamos, para corrixir algunhas cousas, como para que figurase nos Presupostos o intercambiador e votaron en contra”.
Con respecto ao ferrocarril, explicou: “Non renunciamos a unha comunicación de alta velocidade entre Lugo e Ourense, para poder conectarnos en 3,5 horas con Madrid. O PP tiña un proxecto que implicaba unhas variantes e todo iso desapareceu. O que están facendo de modernización da vía non contempla as variantes e polo tanto, se todo vai moi ben, estaremos chegando a Ourense nunha hora no 2026”. Puntualizou: “O único que pido é que se reflicta nos Presupostos o que había reflectido nos Presupostos cando gobernaba Mariano Rajoy”.
De Olano: “Un documento que no es realista”
O deputado Jaime De Olano cualificou o proxecto das grandes contas estatais como “un documento que no es realista, porque parte de fundamentos que no son reales”, como din “cuantos analistas económicos han estudiado las cuentas públicas”. En resumo, haberá menos crecemento, máis inflación e menos emprego. Polo tanto, “las familias españolas van a seguir sufriendo, especialmente las rentas medias y bajas”. Lamenta que non se considere “la bajada del IVA de los productos básicos de la cesta de la compra, que es una de las grandes losas con la que conviven los españoles. Se ha incrementado más de un 15% con respecto al año pasado”.
De Olano avisa de que os españois “pagarán muchos más impuestos, porque prevén una recaudación de más 15.000 millones con respecto a la de este año, que es récord”. Lembrou que dende 2018, “últimos presupuestos presentados por el PP, la recaudación fiscal se ha incrementado en 54.000 millones; cada español paga 1.500 euros más al año en impuestos que cuando gobernaba el PP. Y los servicios públicos no han mejorado”. Os populares afean o aumento do gasto xerado polo Goberno, “que se ha incrementado en un 37% más con respecto al PP; hay un sobrenúmero de altos cargos, en el Gobierno más grande que nunca ha tenido España”.
Fronte á xustiza social da que fala o Goberno, De Olano destaca que “en España se incrementa el número de personas en riesgo de pobreza -más de 13 millones de españoles, de los cuales 2,5 son menores de edad-”. Indica que “pregonaron que crearían una ayuda de 100 euros para las madres con niños de 0 a 3 años, y esa partida no aparece”.
O deputado indica tamén que “terminaremos el 2023 sin haber alcanzado el PIB prepandemia. España será el único país de la UE que no lo habrá logrado”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



