Un lapsus de Núñez Feijóo ven de nos lembrar que hai agora 74 anos o escritor inglés George Orwell apuraba a escrita da súa novela 1984 na illa escocesa de Jura, pois que prometera ao seu edtor entregalo para o prelo antes de que rematara 1948. Nesta distopía o británico afondaba no seu compromiso coa liberdade e contra o totalitarismo, nunha Europa que saía aos poucos da fame de postguerra e da terríbel experiencia do nazismo. Unha Europa medoñenta diante da ameaza nuclear e sometida na súa metade oriental a ese stalinismo que él xa denunciara nas súas obras Animal Farm (1945) e Homage to Catalonia (1938). Unha Galicia que padecía fame e represión vivía daquela a longa noite de pedra do franquismo, mentres Castelao partillaba no nome do noso País un Goberno republicano no exilio que aínda confiaba que o bloqueo internacional ao Estado español, só rachado entón pola axuda peronista, habería traer de volta a República traizoada polos militares golpistas do 1936.
Chegou 1984. Por sorte o mundo non estaba controlado polo Big brother orwelliano. O réxime soviético amosaba evidentes sinais de esgotamento. Margaret Thatcher e Ronald Reagan, alicerzados nas desaqueladas teorías económicas de Milton Friedman, rachaban o compromiso da dereita democrática coa xustiza social, encetando un camiño de desigualdade e desregulación financeira que levou a Europa á Grande Depresión do 2008, Na Galicia aprobábanse por aqueles tempos nun clima de consenso leis fulcrais como a da creación da CRTVG e a de Normalización Lingüística, inserindo nesta última un deber de coñecer o galego que sería eliminado despois por ese árbitro caseiro chamado Tribunal Constitucional. 200 alcaldes asinaban un compromiso a prol da normalización do galego nos concellos e a chegada dos restos mortais de Castelao era protestada por milleiros, no decurso dun serán no que salientou unha represión policial máis propia do franquismo ca dunha democracia.
Mais no 2022 que vivimos semella que o big brother está máis preto ca nunca na historia da humanidade. A privacidade persoal é descoñecida por gobernos e grandes empresas. A CIA recoñeceu que gravan millóns de persoas e o sistema de espionaxe Pegasus espiou, seica ilegalmente, ducias de cidadáns de Catalunya, entre eles avogados no exercicio da súa función de defensa legal. Milleiros defenden recurtes nas liberdades a prol da seguranza.
A distopía 1984 escrita por Orwell no 1948 é, por desgraza, moi real no 2022. As nosas liberdades están ameazadas polo control que queren os poderes políticos e económicos. Nunca como arestora tan preciso foi reivindicar o control cívico destes poderes, as garantías xurídicas dos dereitos humanos e máis o equilibrio entre liberdade e seguranza.

















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



