Lugo, 21 de outubro de 2022. A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro asinou este venres a adquisición da parcela na que se ubica a Torre de Caldaloba, en Pino, en Cospeito.
A compra dos terreos, que inclúen a metade da edificación e o sistema de fosos e contrafosos defensivos do perímetro, trasladouse a documento público formalizando a adquisición da parcela e, polo tanto, a súa incorporación ao patrimonio público, o que supón un fito na historia da protección dos bens patrimoniais en Galiza.
Maite Ferreiro agradeceu á antiga propiedade a súa colaboración para chegar a un acordo de venda histórico e mostrouse confiada “en lograr nos vindeiros días un acordo coa Xunta de Galiza para seguir avanzando en acadar a propiedade pública da totalidade da Torre e da súa contorna de protección e desenvolver un proxecto de recuperación, consolidación e posta en valor que reflicta a súa importancia patrimonial, histórica e simbólica para Galiza”.
A sinatura do contrato de compravenda coa antiga propiedade, ante notaria, completa o proceso de adquisición da parcela, iniciado coa aprobación do procedemento en Xunta de Goberno o pasado 29 de xullo.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



