Unha vintena de centros educativos realizaron visitas a granxas ao abeiro do programa de Medio Rural
Lugo, 24 de outubro de 2022. A deputada de Medio Rural, do Mar e Mocidade Mónica Freire achegouse este luns ao CEIP de San Cosme de Barreiros para entregar exemplares do libro “Os Bolechas van da escola á granxa, unha publicación editada ao fío do programa “Da Escola á Granxa” co que, nestes meses, se están a levar a cabo visitas de escolares a granxas e pequenas producións agrícolas e artesanais do rural.
Os nenos e nenas de Barreiros visitaron a granxa Arqueixal, en Palas de Rei, onde ademais de interaccionar cos animais coñeceron o proceso de elaboración do queixo e do iogur natural que producen.
A deputada de Medio Rural, que estivo acompañada polo alcalde en función de Barreiros, Antonio Veiga, e polas concelleiras de Educación e Igualdade Montse Porteiro, e Servizos Sociais, Carme Veiga, sinalou que “coa edición destes libros, que están a recibir os pícaros e pícaras que participan nas visitas, queremos dar continuidade e expoñer dun xeito didáctico e divertido a importancia do traballo que desenvolven gandeiros e gandeiras, na produción de alimentos e na conservación do territorio e colaborar en trasladar aos máis pequenos a imaxe dun rural vivo, dinámico e con futuro”
Mónica Freire apuntou tamén “as boas valoración que tanto desde os colexios como desde as granxas fan destas visitas, que comezaron a finais do curso pasado e que continúan durante este primeiro trimestre do novo curso”
Ademais do alumnado do CEIP de San Cosme de Barreiros, nas últimas semanas realizáronse visitas de alumnado do CEIP de Triacastela e do CEIP do Páramo, a El País del Abeyeiro; do CEIP de Riotorto, do CEIP Terra Chá de San Román (Vilalba) e do CEIP Cantel de Foz, a Tropic Gaia; do CEIP de Begonte, a As Vacas da Ulloa; do CEIP de Paradela e do CEIP de Samos, a Muvicla; do CEIP Xoan de Requeixo de Chantada e do CEIP Frei Luis de Granada de Sarria, a Casa da Fonte; do CEIP de Cospeito, a Champivil e Chousa do Lea; do CEIP DE Quiroga e do CEIP de Muras, a Caurelor; do CEIP de Monterroso, a Pazo de Vilane e As Vacas da Ulloa; do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei a Arqueixal; e do CPI Tino Grandío de Guntín a Cabuxa Natur. Ademais, Adega desenvolveu obradoiros de sensibilización ambiental e horticultura ecolóxica no CEIP de Rábade.
Ademais, durante a semana vindeira, están programadas as seguintes visitas a granxas e obradoiros nos centros escolares: o alumnado do CEIP A Ponte (Lugo) coñecerán As Vacas da Ulloa; os do CEIP Monterroso, Milhulloa e Arqueixal; os CEIP Covas de Viveiro, A Casa da Fonte; os do CEIP da Pastoriza, Embutidos Suarna; os do CEIP As Mercedes (Lugo)
Chousa do Lea.
As visitas estanse a desenvolver dacordo co calendario elaborado a partir das solicitudes realizadas polas Anpas durante o prazo de convocatoria e coa proposta formativa que cada granxa prepara para os nenos e nenas. Nesta primeira edición do realizaranse 72 visitas e obradoiros.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



