O novo espazo, cunha capacidade de máis de 50 prazas, e que conta co aval de Patrimonio, permitirá mellorar a seguridade e o impacto visual da zona, eliminando a presenza de vehículos nas marxes da vía principal, ante o Centro de Emprendemento
Cervo, 8 de outubro de 2022. O concello de Cervo comezou as obras para a creación dun novo aparcamento público no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos nunha parcela de titularidade municipal situada na parte traseira do antigo edificio das Carboeiras.
O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez, achegáronse ata a zona para supervisar os traballos que se iniciaron esta semana e que responden ao obxectivo deste equipo de goberno de “mellorar a seguridade da contorna, ofrecendo unha alternativa real e práctica aos vehículos que ocupan a estrada principal que transcorre ante o centro de emprendemento; a fin de mellorar tamén o impacto visual de toda esta zona privilexiada polo seu valor patrimonial e natural”.
A liberación de tráfico desta estrada permitiranos –engadiu Villares- facer máis atractivo á vista este enclave, que é un dos puntos con maior valor turístico e patrimonial do noso municipio.
Villares apuntou ademais, que esta nova infraestrutura pública, con máis de 50 prazas de capacidade, e que conta co aval de Patrimonio, tamén servirá para potenciar os negocios establecidos no Centro de Emprendemento que impulsamos desde o Concello de Cervo, xa que permitirá aumentar a afluencia de visitantes ao verse incrementadas as posibilidades de estacionamento na zona.
E é que na actualidade, o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos é un dos puntos con máis afluencia de visitantes do municipio. Dende a creación do centro de emprendemento, que nestes intres frecuentan 7 negocios artesáns, a localización veu incrementado o seu potencial turístico, sendo un punto de visita obrigada para os visitantes ao longo de todo o ano.
O orzamento total desta actuación ascende a un total de 67.589 euros, financiados na súa totalidade polas arcas municipais.
Caramés e Rodríguez tamén quixeron poñer en valor esta importantísima actuación que é unha mostra máis da aposta deste equipo de goberno para darlle pulo ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos “unha zona na investimos continuamente diñeiro público conscientes de que é un enclave fundamental para o noso municipio”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



