Lourenzá, 28 de outubro de 2022. O Concello de Lourenzá presenta un proxecto de eliminación de barreiras arquitectónicas que se centran no entorno do casco urbano de Vilanova.
A alcaldesa, Rocío López, explica que “estas actuacións englóbanse dentro dun Plan de Adaptación e Supresión de Barreiras para a Área de Rehabilitación Integral do casco antigo de Lourenzá e marcan o inicio de futuras intervencións de cara a un futuro cunhas infraestruturas máis accesibles para todos e todas e sen barreiras. Está previsto que as obras comecen antes de final de ano dado que o Concello conta xa con tódolos permisos sectoriais pertinentes. En concreto as actuacións descritas no proxecto centraranse en varias beirarrúas e pasos de peóns que non cumpren coa actual lexislación en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras. Esta actuación supón o inicio dunhas obras que eran moi necesarias para facilitar a accesibilidade e mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidade e mobilidade reducida. Estas obras son fundamentais para avanzar de cara a un municipio inclusivo e accesible que garanta a autonomía das persoas e na que todos os cidadáns teñan igualdade de oportunidades”.
A rexedora municipal engade que “o presente proxecto contempla a resolución dos desniveis nos recorridos peonís entre as beirarrúas e os pasos de peóns de dous xeitos distintos, de acordo á súa ubicación e condicionantes: elevando a plataforma do propio paso de peóns ata o nivel da beirarrúa existente ou ben rebaixando a plataforma da beirarrúa, con recorridos accesibles, ata o nivel da plataforma da vía existente.
A maiores levarase a cabo un pintado dos cebreados dos pasos de peóns e demais marcas viais para garantir unha circulación segura tanto para vehículos como para peóns”.
O presuposto ascende a un total de 43.261 euros.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



