Patricia Otero alerta do “goteo constante de peches de empresas” na comarca, á que a Xunta “traizoou” asegurando que Altri estaría ubicada na Mariña cando “nin é seguro que vaia quedar en Palas”
Santiago de Compostela, 05 de outubro de 2022. A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle hoxe á Xunta que presente un Plan de reindustrialización que pare co “goteo constante de peches” na comarca da Mariña luguesa. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle reclamou ao conselleiro de Industria que facilite a tramitación de parques eólicos na Mariña que garantan un prezo competitivo para a enerxía en Alcoa.
Otero comezou citando ás empresas que veñen de pechar na comarca, como Industrias Pardiñas, o Grupo Mon, IPV, Conservas Alonso, Conservas Albo, Vestas, Ecar ou Muebles Hermida, sen que o goberno galego se dea por aludido e mude o seu abandono desta comarca. Lembrou que mesmo o peche de Alcoa, que leva “sobrevoando dende antes de 2018”, tan só foi atendido recentemente pola Xunta para utilizalo como argumento electoral.
A parlamentaria luguesa lembrou que a Xunta ten competencias exclusivas en política Industrial, e advertiu que “na miña comarca pechan industrias e a Xunta non desenvolve políticas dirixidas a atraer empresas novas”.
Xa que logo, dixo, o que fai o goberno galego é anunciar a chegada da planta de Altri, comprometéndose a levala á comarca “para despois traizoar aos veciños e levar a planta a Palas de Rei”, o que nin sequera está pechado porque, lembrou, “a empresa di que ata xuño de 2023 non vai decidir a localización final”.
Advertiu de que “querían condicionar a planta aos fondos europeos para acusar ao goberno central, pero Pedro Sánchez garantiu o “compromiso claro e rotundo do goberno de España” co proxecto e que os fondos Next Generation “chegarían”. Esixiulle ao conselleiro que “explique por que non se leva adiante agora este proxecto”.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



