Patricia Otero sinala que na primeira metade do ano a Consellería deixou sen executar o 83,9 por cento dos programas dedicados á pesca
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2022. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, cualificou hoxe de “inaceptable” o grao de execución dos orzamentos da Consellería do Mar, sinaladamente cando o sector se enfronta á súa peor crise polo veto á pesca de fondo nos caladoiros europeos. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento na que acusou á Consellería de “botar balóns fora” diante das súas propias eivas.
Otero explicou que, de acordo coa conta xeral da Xunta, feita pública a semana pasada, a Consellería tan só executou o 16,1 por cento do orzamento correspondente aos programas de Pesca, co que dun total de 18 millóns de euros dispoñibles tan só investiron 21,8 por cento, deixando sen executar un total de 96,2 millóns de euros.
Subliñou que “non se pode consentir” un nivel tan baixo de execución, que ademais se vén repetindo ano tras ano dende a chegada do PP á Xunta, en 2009, e que afecta a un sector “fundamental” como é o pesqueiro. Lembrou que no ano 2021 só executaron o 41,2 por cento do crédito inicialmente dispoñible, no ano 2019 apenas o 50,9 e en 2018 o 47,8 por cento.
Criticou que “ano tras ano deixan moitísimos cartos sen executar que poderían servir de axuda e de pulo a un sector que afronta grandes dificultades”, e sinalou que “en vez de traballar a prol de axudar gastan os folgos en criticar con mentiras por exemplo o proxecto de Lei de Pesca Sostible, chegando a dicir que prevalecerían os criterios medioambientais sobre os socioeconómicos”.
Fondos Femp
A responsable socialista alertou do risco desta baixa execución cando o próximo ano vai rematar do prazo para a execución dos Fondos Femp “e vemos como os cartos están sen executar”, co que se perderán sen que o goberno galego “faga nada”.
Apuntou a un problema “estrutural” da Consellería no que “teñen que traballar”, xa que “nin sequera foron capaces de mellorar a execución dos fondos Femp cando crearon hai ano e medio unha subdirección xeral” precisamente para centrala na execución destes fondos comunitarios.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



