A iniciativa enmárcase no deseño do plan municipal para implantar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
Viveiro, 7 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro adheriuse recentemente a un programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para implantar no municipio de forma progresiva os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A iniciativa está coordinada a nivel local pola concellería de Benestar social e un equipo do Concello traballa agora en deseñar o plan municipal de ODS. Neste plan inclúense actividades de divulgación e sensibilización entre a poboación na procura da sostibilidade.
Entre esas actividades, promóvese un concurso de debuxo infantil ‘O meu concello e os ODS’, dirixido aos nenos e nenas de Educación Primaria matriculados nun centro educativo de Viveiro.
A rapazada deberá realizar un debuxo tamaño folio, ou máis pequeno, e escribir o seu nome, curso colexio e datos de contacto no reverso da folla. O debuxo pode depositarse no centro educativo ata o próximo 25 de outubro.
A iniciativa busca sensibilizar e implicar á poboación do municipio sobre a importancia da implantación da Axenda 2030 desde o nivel local a través dun concurso de debuxos relacionados cos ODS entre os/as escolares da vila.
O xurado valorará a orixinalidade e creatividade do debuxo, a súa vinculación coa Axenda 2030 e os ODS, a introdución de elementos locais propios do Concello, a aparición de elementos medioambientais e sociais no debuxo, así como a calidade artística e creativa do debuxo.
Outorgarase un premio para os cursos 1º a 3º e outro premio para os cursos de 4º a 6º. Os premios consistirán en dous vales valorados en 30 euros cada un para a compra de material escolar nun comercio local do teu concello.
A Axenda 2030 está concibida como unha estratexia global para traballar conxuntamente a través dos 17 obxectivos (os 17 ODS) no camiño do desenvolvemento sostible. Malia a súa ambición global, trátase en esencia dunha axenda centrada na actuación local, empregando as institucións máis próximas á sociedade para poder executar accións que teñan un impacto directo no día a día das persoas e a contorna.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



