Os populares din que o que fai o Concello para mellorar pistas e estradas municipais non é suficiente, porque só se limita a tapar fochancas
Foz, 17 de outubro de 2022. Que o Concello de Foz non fai o suficiente para manter nas debidas condicións a súa rede viaria é evidente. Os veciños saben moi ben as molestias que xeran os camiños e pistas en mal estado. O concelleiro popular Antonio Hermida lembra que “no pasado pleno, o grupo municipal do PP presentou un rogo para que o Concello proceda a arranxar o camiño da Veiga de Pardiñas, que está en moi mal estado”. Explica que “é un camiño que aparece no catastro e está inventariado, coa identificación 1C.10350; os veciños expresáronnos as súas queixas e din que falaron coa alcalde, pero fai caso omiso”.
Hermida di que “é necesario un arranxo integral, algo que se pode facer con cargo aos máis de 400.000 euros anuais procedentes do Plan Único da Deputación, ou mesmo con cargo aos orzamentos municipais do ano que vén”. Engade que en todo caso, é preciso que nestes próximos días se lle faga un arranxo previo, para que antes do inverno as familias o poidan utilizar, porque a día de hoxe teñen moitas dificultades para acceder ás súas propiedades”.
Os populares din que en Foz “estase a facer moi pouco por parte do goberno para manter as estradas municipais e o que se está a facer non é suficiente; só bacheos, que o propio alcalde recoñece como solución moi curtoplacista”. Os únicos arranxos que se foron facendo, lembra Hermida, “débense ao Plan Único e ao fondo de cooperación da Xunta de Galicia para amaño de camiños rurais. Cajoto debería ter xa un plan de estradas concreto, un plan de intervención nos camiños, de forma plurianual, contando cos diferentes orzamentos”.
Hermida declara: “Agora temos un traballo feito, acometido polo anterior goberno, do PP, que é o Inventario de Camiños Públicos, un documento sobre o que se pode traballar. Non podemos estar improvisando todos os anos, como fai o alcalde, Fran Cajoto, ademais desinvestindo, con moi pouco diñeiro para o arranxo de estradas. O PP ofrécese unha vez máis para traballar para elaborar un plan de estradas plurianual, que sexa definitivo e rigoroso”.
Hermida di que parece mentira que sendo o alcalde veciño dunha parroquia de Foz teña tan abandonadas ás parroquias.




















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



