Critica que o Executivo de Rueda regale 34 M€ a 7.700 millonarios pero vexa un luxo que os nenos e as nenas de Galiza teñan pediatría no seu concello
Santiago de Compostela, 17 de outubro 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, denuncia que o Goberno do PP ten unha estratexia deliberada de peche dos PACs como un paso máis no desmantelamento da atención primaria e, pese a multitudinaria manifestación do pasado venres en Vilagarcía, esta mesma fin de semana volvían quedar sen médico ou médica os puntos de atención continuada en concellos da comarca do Salnés e Pontevedra como Sanxenxo, O Grove, Marín, A Parda ou Baltar.
“O PP ten que escoitar o clamor social en defensa da sanidade pública que está dicindo basta xa de recortes e de deterioro e teñen que rectificar, pero lonxe de escoitar á cidadanía segue instalado na súa habitual prepotencia e quere normalizar que teñamos centros de saúde ou urxencias de primaria sen facultativo e iso é unha barbaridade”, criticou Pontón, quen advertiu contra a estratexia dos populares “de deteriorar os servizos de urxencias en primaria para despois xustificar o seu peche, poñendo en risco a saúde dos e das galegas”.
A líder do Bloque denunciou que o PP segue ancorado na soberbia nada menos que nunha das cuestións que máis preocupan á cidadanía, “ignorando o reclama a maioría social que quere unha sanidade pública de calidade e sen listas de agarda”, e advertiu que “nin o BNG nin a sociedade imos asumir que se normalicen os recortes e o deterioro en atención primaria, por contra, imos defendela por terra, mar e aire, con uñas e dentes se fai falta, porque estamos falando dun piar do benestar e dunha conquista social”.
Pontón tamén foi moi crítica cun Executivo que considera un luxo que haxa servizo de pediatría en todos os concellos galegos, pero anuncia un pelotazo fiscal para rendas que superan os 6 millóns de euros de patrimonio.
“Un PP ao que se lle enche a boca falando da familia, pero despois considera que os nenos e as nenas deste País non poden ter pediatría no seu concello, no seu centro de saúde máis próximo, que queira normalizar eses recortes e a continuación facerlle un agasallo fiscal de 34 M€ ás 7.700 persoas máis ricas de Galiza, cantidade coa que se podería contratar a 700 médicxs en atención primaria”, argumentou.
Neste sentido, a líder nacionalista tamén advirte que nin o BNG nin a cidadanía vai aceptar como normal que haxa listas de espera de até dúas semanas para ter cita presencial no centro de saúde, que se esconden as listas de espera nas especialidades, nin dar por inevitable a estratexia de acoso e derribo da atención primaria.
Ao contrario, e por iso Pontón avanzou que o Bloque rexistrou a solicitude de comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade, para que explique tanto o que pasa no Salnés, -“convertida en zona cero do desastre que os recortes provocan en primaria”-, como no conxunto do País. Pontón, ademais, algunhas das propostas orzamentarias do BNG de cara ás contas públicas de 2023.
Entre elas, incrementar nun mínimo do 2,2% os recursos en atención primaria, porcentaxe que significa un investimento adicional superior aos 200 millóns de euros, o imprescindible para colocar Galiza na medida estatal de investimento en primaria. Pese á dispersión e ao envellecemento da poboación, “estamos á colado Estado”, lamentou. Igualmente, solicita a retirada do pelotazo fiscal de 34 millóns de euros, e destinar eses recursos a reforzar os centros de saúde.
O Bloque tamén propón fortalecer atención primaria con novas especialidades como psicoloxía clínica ou fisioterapia, entre outras, “porque no BNG pensamos que hai que ir en dirección contraria á que ten tomado o PP, hai que ir a reforzar atención primaria, con máis persoal, máis medios e máis fondos, porque estamos falando do corazón do sistema público de saúde”, concluíu.
A preguntas dos medios, Pontón considera que a visita do presidente da Xunta a Arxentina e Uruguai “é insubstancial, de mera promoción persoal pero que non aporta nada para solucionar os problemas da emigración”.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



