Os populares consideran merecedor da máxima distinción que pode conceder un Concello ao biólogo e enxeñeiro técnico agrícola natural de Ameixido, en Lousada, polo seu “destacado currículo” e tamén pola súa “calidade persoal”
Xermade, 20 de outubro de 2022. O PP de Xermade propón que o Concello de Xermade nomee Fillo Predilecto a Don José Mouriño Cuba. Así o trasladaron os populares a través dun rogo no último pleno da corporación municipal ao considerar ao biólogo e enxeñeiro técnico agrícola natural de Ameixido, na parroquia de Santo André de Lousada, merecedor da máxima distinción que pode conceder un Concello por ser “un gran impulsor do proceso de industrialización agroalimentaria en Galicia” e que, ademais, “sempre levou o nome de Xermade e a súa defensa por tódolos sitios”. Nese sentido, instan ao goberno local a promover e tramitar a declaración de Fillo Predilecto.
Os populares subliñan “o seu destacado currículo e o seu traballo á fronte da xefatura do Servizo de Industrialización e Promoción Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural en Lugo, onde fomentou a creación de denominacións de orixe en Galicia – D.O. Ribeira Sacra, DOP San Simón da Costa, D.O. Queixo do Cebreiro, IXP Pataca de Galicia ou IXP Tenreira Galega- e a implantación da produción ecolóxica como ferramentas para dinamizar o agro lucense e loitar contra o despoboamento”.
Mouriño Cuba é tamén responsable de diversas investigacións e publicacións, libros e revistas e artigos en prensa que sentan cátedra. É Embaixador do Queixo do Cebreiro, Encomendador da Orde da Alquitara e Billó de Ouro ou membro da Academia Galega de Gastronomía, entre outras consideracións. Pero, “aos seus méritos profesionais únense os persoais e a calidade humana do persoeiro que traballou sempre para o pobo”, segundo subliñan dende o PP de Xermade.
Recoñecemento a veciños que “son unha honra para o municipio”
“Sen esquecer a outros persoeiros que teñan destacado de forma extraordinaria polas seus méritos persoais, polo seu servizo público ou por algún outro motivo que supoña unha honra para o municipio, cremos que Don José Mouriño Cuba merece ser recoñecido con esta distinción do Concello de Xermade e sumarse, así, a Don Ramón Villares Paz e Don Juan Fraguío Vázquez, como fillos predilectos do noso Concello”, explica Riveira.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



