Alfoz, 24 de novembro, 2022. O venres, 25 de novembro, está programada unha actividade cos centros educativos do concello, IES Alfoz-Valadouro e CEIP Castro de Ouro, nos xardíns do Concello de Alfoz. Para visibilizar o compromiso contra a violencia de xénero e partindo da proposta do instituto de educación secundaria, cuxo alumnado fará unha andaina ata a Casa Consistorial onde se unirán cos nenos e nenas do colexio ás 12:45h.
Estudantes do IES Alfoz-Valadouro irán nomeando accións e actitudes positivas e negativas segundo as cales se irán arrancando follas dunha margarida de grandes dimensións preparadas polo instituto, co texto “quéreme” ou “non me quere” co fin de destacar e distinguir as relacións sans e igualitarias e aquelas que son “síntoma” de relacións tóxicas, xermen de violencia psíquica e física.
O centro da margarida leva o lema elixido polo concello, “imos rachar co silencio” para promover a conciencia de que todos e todas somos necesarios para previr e evitar situacións de desigualdade e que non debemos calar ante a violencia machista. Unha vez arrancados todos os pétalos da margarida, racharemos o silencio con aplausos e música.
A música correrá a cargo do alumnado do CEIP Castro de Ouro, coa canción “La puerta violeta” de Rozalén que é tamén un canto a esperanza, fundamental para ver que hai saída das situacións de violencia.
Durante toda a fin de semana iluminarase de cor violeta a Casa do Concello.
Ao longo do ano, o concello traballa a prol da igualdade con distintas accións e proxectos.
O pasado fin de semana organizouse o Festival de Cine de Mulleres que tivo unha gran acollida.
O vindeiro sábado 3 de decembro teremos por segunda vez un Curso de Autodefensa para mulleres, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, no que se poden inscribir mulleres a partir de 16 anos ata o 1 de decembro.
No IES Alfoz-Valadouro, acaba de colocarse a “escaleira de igualdade”, deseñada polo propio alumnado e profesorado tras a proposta municipal para este proxecto no que pensamos que é fundamental que se impliquen e cuxo resultado é realmente espectacular, tanto polo contido destacando mulleres pioneiras en distintos ámbitos coma no deseño artístico das mesmas. Ademais, precisamente pola implicación e colaboración do centro educativo, nos meses de xaneiro e febreiro levarase a cabo un proxecto de Educación Emocional para todos os cursos en colaboración cos titores e titoras, así como co Departamento de Orientación, pois pensamos que é imprescindible dotar aos máis novos de ferramentas e recursos para coñecerse, valorarse, tratar as emocións e autoestima, etc.
Continuamos elaborando as Axendas Coeducativas, xa por cuarto ano, para todos os niveis educativos, desde infantil ata a universidade, e incluso para a escola de maiores que este ano tamén contan coa súa propia edición.
De xeito directo ou transversal, as políticas de todas as áreas municipais traballan para facer realidade unha sociedade realmente igualitaria.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



