Ribadeo, 14 de novembro de 2022. A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a actividade na nova tempada, despois dun parón por vacacións, co concerto da patroa dos músicos, Santa Cilla, que terá lugar este sábado, 19 de novembro, ás oito e media da tarde no Teatro. O director, David Ballester Martínez anuncia: “contaremos coa incorporación dunha nova compoñente ao clarinete, Victoria López Veiga, e tamén hai que resaltar que catro das obras que imos tocar neste repertorio van estar por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ademais, como é habitual no concerto de Santa Cilla, sempre me gusta que algúns dos compoñentes da Banda actúen como solistas. Nesta ocasión serán dous: José Luis Pulpeiro Grueso, que tocará coa súa trompa; e un clarinete, Alberto Clemente Avilés”.
David Ballester engade que “o repertorio será moi variado, con esas catro obras novas que temos enriba dos atrís, o cal quere dicir que a Banda segue polo bo camiño de continuar facendo cousas novas”.
























Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.



