Foz, 6 de novembro, 2022. Os vindeiros días xoves 10 de novembro e venres 11 de novembro na libraría Bahía celebramos as xornadas Cuestinándomos coas que pretendemos reflexionar sobre algúns temas centrais da nosa sociedade como é a vivenda e o modelo de progreso no que cremos. Para iso contamos coa participación de persoas que levan tempo reflexionando e traballando nestes temas.
Unha proxección audiovisual o xoves que dirixiu Marisé Fernández, traballadora social actualmente exercendo no Centro de Saúde de Foz e que contará coa presencia da arquitecta Carlota Eirós instalada e desenvolvendo os seus proxectos actualmente en Rinlo.
Presentación de libros e coloquio o venres da man de tres persoas implicadas desde diferentes ámbitos nun desenvolvemento social máis xusto e solidario.
Xoves día 10 de novembro 20:30h.
Proxección do documental A vivenda… un ben social?
Coloquio coa súa directora, Marisé Fernández e coa arquitecta Carlota Eirós
Venres día 11 de novembro 20:30h.
Qué progreso?
Coloquio con Gustavo Duch, Jeromo Aguado autores de Cuentos del progreso, Conversaciones con el pastor e Pilar Rodríguez, autora do libro de relatos Vivir en modo mayor.
Gustavo Duch é licenciado en veterinaria. Logo de varios anos como director Veterinarios sin Fronteras, actualmente coordina a revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas, é autor ademáis de varias obras sobre o modelo de produción alimentaria e o papel da xente para cambiar a situación actual.
Jeromo Aguado é pastor e activista. Líder de diversas inciativas cara un cambio de modelo na nosa relación coa terra e có xeito de producir os alimentos.
Pilar Rodríguez é educadora e escritora, actualmente dirixe un centro especial de emprego dedicado á reciclaxe.
O venres 11 de novembro, ademáis, celebramos o Día das Librarías, e durante todo o día os libros terán un 10% de desconto.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



