Esta nova adxudicación eleva a preto de 4,4 M€ o investimento da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na mellora das infraestruturas e os equipamentos de espazos e empresas culturais a través de catro liñas de subvencións
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2022. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de facer pública a resolución de concesión de máis de 500.000 euros en axudas para a modernización de 16 espazos de exhibición cinematográfica situados en 15 localidades galegas. Con este investimento, a Xunta cofinanciará ata o 80% dos proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, captación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual destas salas de cinema, que suman 86 pantallas e unha capacidade próxima ás 16.500 butacas.
Atendéronse a través desta nova liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a totalidade das solicitudes que reunían os requisitos especificados na convocatoria, de xeito que a listaxe de espazos subvencionados está conformada por Cinesa Marineda City da Coruña, Minicines Central da Estrada, Cine Avenida de Caldas de Reis, Multicines Bergantiños de Carballo, Duplex Cinema de Ferrol, Codex Cinema de, Cines Hollywood de Monforte de Lemos, Odeón Multicines de Narón, Multicines Ponte Vella de Ourense, Cinexpo Vialia de Pontevedra, Multicines Barbanza de Ribeira, Cinesa As Cancelas e Numax de Santiago de Compostela, Cines Plaza Elíptica de Vigo, Multicines Gran Arousa de Vilagarcía de Arousa e Cines Viveiro.
Axudas de ata 48.000 euros
Os adxudicatarios percibirán contías que se sitúan entre os 21.600 e os 48.000 euros, en función do seu número de pantallas, para desenvolver os seus proxectos antes do 20 de abril de 2023 en relación cun ou varios dos tres eixos preestablecidos: dixitalización e aplicación de novas tecnoloxías, medidas de desenvolvemento sustentable e impacto ambiental positivo, e captación e fidelización de públicos, así como innovación tanto na programación como na circulación de producións europeas e en linguas oficiais de España.
Con esta nova adxudicación, a Xunta reforza o seu investimento no ámbito da exhibición cinematográfica respecto a 2021, ano no que 18 cinemas de 13 localidades foron destinatarios dunha convocatoria dotada con 350.000 euros para contribuír á súa viabilidade. Recoñecíase así o papel fundamental destes establecementos para o conxunto do sector audiovisual, nun momento no que a crise sanitaria supuxo unha forte diminución dos seus ingresos directos, non só polas restricións aplicadas, senón tamén polos cambios de hábitos no consumo audiovisual derivados do crecemento das plataformas dixitais.
Preto de 4,4M€ en infraestruturas e equipamentos
Ademais, a convocatoria de 2022, xestionada ao abeiro do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation EU, entronca nos seus obxectivos con outras tres canles de axudas xestionadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para contribuír á modernización e xestión sustentable dos espazos e as empresas culturais de Galicia cun investimento conxunto de preto de 4,4 millóns de euros.
Neste sentido, os 500.000 euros adxudicados ás salas de cinema veñen sumarse aos máis de 2 millóns de euros da liña destinada a espazos de exhibición escénica e musical, tamén no marco dos Fondos Next Generation. O pasado mes de maio resolveuse a súa primeira quenda coa concesión de 1,2 millóns de euros a 46 teatros, auditorios e salas de toda Galicia, mentres que o pasado 4 de novembro publicouse a segunda convocatoria cunha nova achega de 880.000 euros. Ao tempo, atópanse en tramitación as axudas para a adquisición de equipamento por parte de empresas privadas e de persoas autónomas do sector cultural galego, dotadas con 1,3 millóns de euros a través do Hub Audiovisual da Industria Cultural.
O pasado verán publicouse, así mesmo, a adxudicación doutros 500.000 euros a 45 concellos a través do programa de subvencións a entidades locais para o equipamento e a mellora das instalacións utilizadas para a realización de actividades culturais.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



