O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que a modificación de crédito que pretende facer o goberno local representa un 10% do importe total do orzamento
Foz, 7 de novembro de 2022. O goberno de Foz, presidido polo socialista Fran Cajoto, ten dadas sobradas mostras da súa limitada capacidade de xestión. O portavoz popular, Javier Castiñeira, indica que “unha vez máis temos que denunciar a incompetencia e a falta de xestión do señor Cajoto e do seu equipo, un equipo de goberno que é o máis amplo e o máis caro que xamais tivo o Concello de Foz; neste caso demostra unha vez máis a súa incompetencia á hora de xestionar as contas municipais”.
Castiñeira explica: “Hai poucos meses aprobáronse os orzamentos para este mesmo ano 2022, que viñeron tardíos e con dificultades das que apercibiu o PP no mesmo pleno. Había partidas que eran absolutamente insuficientes, debido a alta inflación e á suba dos custos; comparado con anos anteriores, entendíamos que serían insuficientes”. Agrega: “Pasou o que viña dicindo o PP, como pasa moitas veces. E agora convócannos a un pleno extraordinario para aprobar unha modificación de crédito do orzamento, por case un 10% do que ten o orzamento (802.000 euros), cos que basicamente se suplementa as partidas que dicía o PP. Por exemplo, de enerxía eléctrica 225.000 euros máis, e traballos como acondicionamento de camiños que tamén se levan cantidades grandes”.
Unha vez máis, sinala o portavoz popular, “o PP volveu ter razón cando dicía que os orzamentos que presentaba o señor Cajoto non eran reais, e non contemplaban a inflación”. Engade: “Agora, a finais de ano veñen 802.000 euros máis, o que practicamente representa un 10% dos orzamentos que se aprobaron hai uns meses”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



