Burela, 11 de novembro, 2022. Tralas experiencias publicitarias dos últimos anos en Madrid e Barcelona, ‘Merluza D& Burela’ desembarca nas principais cidades de Castela e León coa súa última campaña “Faino por amor”.
A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela elixiu Castela e León para o lanzamento desta campaña ao tratarse dun mercado de proximidade para as súas marcas. Alí sae á rúa a última campaña de ‘Merluza D& Burela’ co propósito de namorar aos consumidores co seu novo enfoque: “A quen amas de verdade, queres darlle o bo de verdade”.
Por iso durante as últimas semanas as principais cidades desta comunidade autónoma enchéronse de mensaxes apetitosas e saudables como “Faino por amor” ou “Aliméntaos con amor”, xa que o público obxectivo da campaña son as familias con nenos. Así se reforzan as súas mensaxes clásicas de calidade do produto, saúde da dieta atlántica e sustentabilidade pola súa arte de pesca con anzol peza a peza.
E ademais faio utilizando medios ecolóxicos no seu lanzamento, xa que sae “literalmente” á rúa sobre bicicletas con mupis que percorren as principais rúas, prazas e zonas de lecer familiares de Castela e León con mensaxes directas e visuais dirixidas aos adultos, pero centradas na dieta dos máis pequenos da casa.
“Trátase de achegar a marca Merluza D& Burela ás nais e pais para que, ademais do sabor e a saúde, descubran a importancia de facer as cousas dunha forma tradicional e sostible”, defenden desde a OPP-7.
A campaña utiliza as rúas como gran escaparate, con accións de ‘street márketing’, cartelería, mupis e circuítos dixitais na internet; con imaxes de receitas sinxelas e saborosas de pescada do pincho, presentadas nunha vaixela especial en forma de corazón que conecta co lema da campaña “Faino por amor”.
Esta campaña da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.


