Isabel Rodríguez participou no minuto de silencio e na lectura da declaración institucional do Goberno con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Lugo, 25 de novembro de 2022. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu este venres o minuto de silencio e a lectura da declaración institucional, celebrados diante da Subdelegación para conmemorar o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. No acto, tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o deputado Provincial, Pablo Rivera; a concelleira de Igualdade, Ana Abelleira; representantes da Policía Nacional, Garda Civil, Institucións Penitenciarias, así como as traballadoras e traballadores da Subdelegación.
Isabel Rodríguez lembrou ás 38 mulleres vítimas de violencia de xénero durante este ano e subliñou o absoluto rexeitamento a todas as formas de violencia machista, “unha violencia estrutural que é a expresión máis cruel da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres” e reiterou a firme determinación do Goberno na consecución dunha sociedade máis igualitaria, libre de violencia contra as mulleres.
Igualmente, a subdelegada destacou que, tal e como pon de manifesto na declaración institucional aprobada polo Goberno “a erradicación da violencia contra as mulleres debe ser un obxectivo básico e ineludible das políticas públicas para calquera goberno que estea comprometido coa protección dos dereitos humanos”.
Neste sentido, sinalou que o Goberno está a promover iniciativas para avanzar na loita contra a violencia machista como a entrada en vigor da Lei de garantía integral da liberdade sexual, a consolidación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a posta en marcha do Plan Camiño, para desenvolver medidas que dean alternativas económicas, laborais e sociais a todas as vítimas de trata e explotación sexual; ou a Estratexia Estatal contra as violencias machistas 2022-2025, que se aprobará este ano.
“A loita contra as violencias machistas forma parte do corazón da nosa democracia, e é desde este compromiso cos dereitos humanos e as liberdades fundamentais desde o que o Goberno quere enviar de novo unha mensaxe de recoñecemento e homenaxe a todas as mulleres, nenas e nenos vítimas da violencia machista, a quen xa non están entre nós, e ás súas familias, así como a todas as sobreviventes”, rematou a subdelegada.
601 casos activos na provincia
A subdelegada chamou á sociedade a seguir traballando unida na loita contra a violencia machista para erradicar unha lacra que está moi presente na sociedade, como o demostran os 601 casos activos na provincia que ten notificados o Sistema Vioxén de protección das vítimas. A subdelegada detallou que destes non hai casos catalogados de risco extremo, pero si hai 6 de risco alto, 91 que son de risco medio, 277 de risco baixo e 227 de risco non apreciado.
Xornada formativa o día 28
Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Subdelegación organiza o próximo luns, 28 de novembro, a xornada “Violencia económica sobre la mujer: Impago de pensiones”, que impartiran a maxistrada titular do Xulgado nº2 de Lugo, Sandra Piñeiro Vilas; e a psicóloga sanitaria e forense da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Raquel Lombao Fernández.
Esta actividade formativa está dirixida a persoal dos servizos sociais dos concellos da provincia, dos centros de información da muller e das asociacións lucenses que traballan con mulleres vítimas de violencia de xénero.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



