Santiago de Compostela, 2 de novembro, 2021. Tras a Xunta de portavoces para elaborar a orde do vindeiro pleno, a viceportavoz nacionalista Olalla Rodil anunciou que o BNG centrará as súas iniciativas nos graves problemas económicos e socias provocados pola crise de prezos e a falta de propostas da Xunta cuns orzamentos “insolventes e insolidarios” que ademais, dixo representan “un agasallo fiscal” para unha minoría rica.
Para a viceportavoz do BNG, os orzamentos da Xunta do ano 23 son “insolventes” porque están baseados en datos xa desmentidos por informes de expertos e pola AIREF, neste sentido, explicou que a subida do 1,7 do PIB previsto pola Xunta foi rebatido polo informe do BBVA que outorga un incremento cero, “o peor dato de todas as comunidades autónomas”.
Asemade, engadiu, son “insolidarios” porque representan “un agasallo fiscal ” para as minorías más ricas, menos do 1% da poboación galega á que lle perdoan 34 millóns de euros reducindo o imposto de patrimonio mentres impiden recuperar a Tarxeta Básica ou dotar á Atención Primaria dos recursos necesarios. Nesta liña, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará ao presidente da Xunta se considera que os orzamentos que defende o Partido popular resolverán os problemas da crise económica en Galiza.
No ámbito da igualdade e loita contra a violencia de xénero, o BNG defenderá unha moción para suprimir os concertos que o Partido popular mantén na actualidade cos centros educativos do Opus Dei, “centros que separan as mulleres dos homes incumprindo o principio básico da co-educación que é a convivencia entre sexos”, afirmou.
Na súa opinión, esta separación “atenta contra o principio de igualdade e non debe manterse máis no tempo”. O Partido popular ampliou estes concertos, dende 2017 até 2023 e dende o BNG proporemos instar á Xunta de Galiza a que se supriman definitivamente e que os galegos e galegas deixemos de financiar con cartos públicos centros que discriminan a mulleres e homes nas aulas.
Ademais, o BNG, engadiu Rodil tamén defenderá unha interpelación sobre os servizos de atención ás mulleres e de promoción da igualdade centrado na rede de CIMs e na necesaria dotación de máis recursos económicos, materiais e humanos para previr e combater a violencia machista e promover a igualdade de xénero. Rodil denunciou o recorte orzamentario en materia de igualdade para o ano 2023 e a conxelación de fondos para a loita contra a violencia machista.
Rescate da CRTVG e acabar co control político do PP sobre os medios públicos
Ante a manifestación convocada na defensa dos medios de comunicación públicos o domingo 6 de novembro encabezada polo Comité intercentros da CRTVG, a viceportavoz do BNG amosou o apoio desta forza nacionalista ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras contra a manipulación informativa e o control político do Partido popular ao que sumou “a vulneración dos dereitos dos traballadores e traballadoras”.
Para a viceportavoz do BNG, a convocatoria desa mobilización busca “recatar a CRTVG” do control político que exerce a Xunta sobre o medio público e rematar coa “anomalía democrática” cun director elixido “a dedo” dende o ano 2009.
Por iso, ademais de chamar á sociedade galega a se mobilizar na defensa dun dereito fundamental como son os medios públicos, tamén lle preguntaremos ao Goberno cando vai deixar de controlar a CRTVG e garantir o cumprimento da súa misión de servizo público.
Finalmente, Rodil avanzou que o BNG tamén defenderá unha iniciativa para garantir a atención pediátrica e un novo modelo eólico “ xusto e sostible” e que xere riqueza para todos e todas as galegas.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



