Ribadeo, 4 de novembro, 2022. Neste comezo de curso fóronse clarificando varios proxectos de infraestruturas ben relevantes que o grupo municipal do BNG puxo en marcha coa súa acción de goberno. Cando nos presentamos ás eleccións, desde o BNG de Ribadeo manifestamos a nosa firme intención de seguir promovendo o desenvolvemento económico, social e cultural do noso concello. É ben certo que este mandato viuse condicionado pola crise socio-sanitaria da COVID, que mesmo o estoupido posterior da guerra de Ucraína acabou condicionando a disponibilidade orzamentaria das diferentes institucións. Pero os nosos proxectos seguen a saír adiante. O compromiso do BNG foi desenvolver Ribadeo. E niso estamos: aplicando o noso programa electoral e proxectando novas ideas que se fan realidade.
Para levar a cabo moitos deses proxectos, ou para facer fronte a problemas que xorden ao longo do mandato, hai un complexo proceso de tramitación que non só é responsabilidade do Concello: hai prazos, hai inercias noutras institucións que non podemos controlar desde aquí; non chega con imaxinarse que, como algunha persoa así cre, por ser un quen é, vánselle abrir as portas con tan só poñerse diante delas.
O BNG de Ribadeo é consciente de que as relacións entre institucións téñense que basear en criterios obxectivos e rigorosos. E ese rigor foi o que puxeron os nosos compañeiros e compañeiras do grupo de goberno para lograren sacar adiante proxectos como as pistas multideporte entre a Avda. de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros, ou o compromiso conxunto entre o BNG e o PSdeG-PSOE para que desde o goberno da Deputación se puidesen poñer en marcha as obras de ampliación da ponte de Feve. Ou as obras do barrio da Pega e as rúas Río do Amalló e Veigadaira. Ou para que se puxesen en marcha importantes obras nas parroquias (como a ponte entre Piñeiro e Balboa, ou a estrada dos Fornos, que une Remourelle co veciño concello de Barreiros).
É certo que estamos a vivir unha situación ben singular no mundo da construción polo encarecemento dos produtos. Mesmo nalgunha ocasión algunha empresa acabou deixando de cumprir os acordos da concesión de construción dunha infraestrutura, razón pola que houbo que rescindir o contrato. E iso supuxo paralización da obra e posta en marcha dun novo proceso de concesión. Que doado foi para algunha xente comezar a proclamar aos catro ventos que o concello non era quen de sacar adiante os seus compromisos! Pero para que unha actitude valente (como é a de rescindir un contrato por incumprimento da empresa adxudicataria) saia adiante e con éxito, hai que ser prudente e rigoroso. Ben se ve que unha cousa é predicar (afirmar que o goberno do BNG non é competente) e outra dar trigo (lograr tramitar con éxito unha rescisión e poñer de novo en marcha as obras para que se realicen a tempo). A construción do carril bici pola estrada do Faro e Campoxurado está en marcha.
Isto mesmo puidémolo experimentar con respecto ás escaleiras que baixan á praia do Cargadoiro. Estamos a falar dunha obra que, para poñela en marcha, hai que negociar con outro organismo, a Dirección Xeral de Costas. Que doado resultou tamén dicir que o BNG non responde dos seus compromisos electorais, que o goberno municipal do BNG non quería amañar esa escaleira porque non lle quere ben aos veciños e veciñas de Vilaselán, e de Ribadeo en xeral, que gustan de visitar esa praia. Xestionar un proxecto que se adecúe ás instrucións de Costas e agardar a resposta de dito organismo é algo máis serio. Pero ao remate, todo acaba vendo a luz. Tamén se van amañar esas escaleiras unha vez superados todos os trámites. Claro que nos gustaría que estivese listo para o verán anterior, pero non dependía só de nós. E as cousas hainas que facer ben para que sexan aprobadas. Tal e como lles é tan doado facer esas críticas, serán igual de espabilados para lograren que a Xunta apoie economicamente a remodelación integral do Hospital Asilo de Ribadeo? Ou van seguir mareando o peixe con escusas de mal pagador?






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



