O deputado no Congreso Néstor Rego estará este venres en Burela nun acto público ás 20:00 na Praza de Abastos
A Mariña, mércores 30 novembro 2022. Na mañá de hoxe o BNG presentou en Burela as mobilizacións e actos que a formación nacionalista vai desenvolver en defensa da sociedade galega e mariñá e contra as consecuencias que a suba de prezos está a ter na maioría social. O deputado Daniel Castro afirmou que “desde o BNG estamos a promover alternativas serias, solventes e viables para todos os principais ámbitos en que se está a manifestar a actual crise en temas coma a vivenda, a enerxía, as hipotecas bancarias, o prezo dos alimentos….e todo eso acentuado na nosa comarca da Mariña donde a situación a nivel de emprego e industria é crítica agravada ainda mais cos problemas na pesca”.
O responsable comarcal Antonio Veiga anunciou que este venres 2 de decembro ás 20:00 haberá un acto informativo, aberto a todo o público na Praza de Abastos de Burela no que intervirán Ana Ermida, Mario Pillado e o deputado no Congreso Néstor Rego para abordar todos estes temas. Así memo desde o Bng animan a participar na manitestación nacional do día 18 de decembro en Santiago e para a que ponen autobuses de balde a disposición da cidadanía, anotándose no tfno. 982 140 654 ou no correo amarinha@bng.gal
Apoio ao comercio local
O BNG vén de poñer en marcha tamén a campaña de apoio ao comercio local “Mellor local, mellor galego” que coma todos os anos desenvolve en datas previas ao Nadal para incentivar a compra de produtos locais e galegos, a recuperación dos mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais e fomentar a producción alternativa e ecolóxica.
Unha Mariña con futuro
Desde o BNG convidan a toda a comarca a participar nestes actos, para facernos valer, para gañarmos o futuro, “porque na Mariña hai futuro, e queremos un país e unha comarca en que se poida vivir e traballar, que aposte pola defensa dos servizos públicos, especialmente a sanidade, o emprego e a industria (sobre todo nesta comarca que sufre un desmantelamento contínuo neses eidos), pola pesca, polo rural, e pola igualdade e a protección social” afirmaron os nacionalistas.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



